InicioPolíticaReunión entre López e Rueda para o vindeiro mércores que abordará as...

Reunión entre López e Rueda para o vindeiro mércores que abordará as necesidades da provincia

A presidenta provincial pretende "reforzar a colaboración" institucional entre ambas as administracións para avanzar en proxectos que afectan o desenvolvemento económico, social e territorial da provincia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, manterá unha reunión o vindeiro mércores, 25 de marzo, co presidente da Xunta, Alfonso Rueda, para trasladarlle as “necesidades e demandas” de Lugo.

Tal e como avanzou o Goberno provincial, este é o primeiro encontro institucional que manteñen tras a toma de posesión de López, o pasado mes de xaneiro, e ten como obxectivo trasladarlle ao mandatario autonómico as necesidades da provincia e establecer un “diálogo directo” co Goberno galego.

Así mesmo, a presidenta provincial pretende “reforzar a colaboración” institucional entre ambas as administracións para avanzar en proxectos que afectan o desenvolvemento económico, social e territorial da provincia.

Desta forma, garantirase ” a mellora de infraestruturas, o fortalecemento dos servizos públicos e o impulso de iniciativas que contribúan a fixar poboación”.

+ posts

ÚLTIMAS

Besteiro reclama o Museo da Romanización de Lugo como proxecto estratéxico para Galicia

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reclamou ao presidente da Xunta,...

Unanimidade no Parlamento para desenvolver o polígono industrial de Muras

O Parlamento de Galicia pediu, por unanimidade dos grupos, que a Xunta "se comprometa"...

Vilalba levará un orzamento de 14 millóns de euros ao pleno do 26 de marzo

A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, destacou que estas contas “responden a unha idea...

O PP cre que a Deputación de Lugo manterá pechado o complexo turístico e Augasmestas

Os deputados do Grupo Provincial Popular, Antonio Ameijide e Luis Fernández, xunto ao voceiro...