InicioPolíticaUnanimidade no Parlamento para desenvolver o polígono industrial de Muras

Unanimidade no Parlamento para desenvolver o polígono industrial de Muras

O Parlamento insta á Xunta "a que se comprometa a iniciar nesta anualidade o compromiso orzamentario de executar a construción da circunvalación de Carballo"

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Parlamento de Galicia pediu, por unanimidade dos grupos, que a Xunta “se comprometa” coa circunvalación de Carballo e que tamén “se implique” no desenvolvemento do polígono industrial de Muras.

As dúas iniciativas, a primeira do PSdeG e a segunda do BNG, recibiron o apoio de todos os grupos, incluído o do PPdeG, na comisión de industria da Cámara autonómica.

Deste xeito, o Parlamento insta á Xunta “a que se comprometa a iniciar nesta anualidade o compromiso orzamentario de executar a construción da circunvalación de Carballo”.

Así mesmo, ínstalle a “implicarse no desenvolvemento do polígono industrial de Muras axilizando os procesos administrativos para comezar canto antes a súa construción”.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Lugo efectúa traballos de conservación en ventás arqueolóxicas

Nas últimas semanas, o Concello levou a cabo tarefas de limpeza, restauración e selado...

A Deputación destina un millón de euros para o equipamento da residencia de Becerreá

  A xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a adxudicación do...