InicioMedioambiente e PatrimonioO PP aproba no Senado unha iniciativa para a rehabilitación do mosteiro...

O PP aproba no Senado unha iniciativa para a rehabilitación do mosteiro de Vilar de Donas

PUBLICADA O

- Advertisement -

O PP fixo uso da súa maioría absoluta no Senado para aprobar unha iniciativa na Comisión de Industria e Turismo que busca forzar ao Goberno central a “cumprir coa asignación comprometida” de 1,5 millóns de euros para a rehabilitación do mosteiro de Vilar de Donas, en Pas de Reis (Lugo).

A moción –iniciativa non vinculante– saíu adiante grazas á maioría do PP e o apoio do PNV, mentres que PSOE, EH Bildu, Junts e Geroa Bai optaron por absterse. No texto aprobado, o PP lembra que en xuño de 2021 o Goberno central presentou o Plan Nacional Turístico Xacobeo 2021-2022, para impulsar os Camiños de Santiago e que contaba cun investimento “superior a 121 millóns de euros, a financiar con cargo aos fondos Next Generation”.

Entre os investimentos previstos no devandito plan, o Executivo central “reservaba unha partida de 1,5 millóns de euros” para rehabilitar o mosteiro. Transcorridos tres anos desde o anuncio, non existe constancia da liberación destes fondos asignados para esta obra de recuperación e iso a pesar de que xa existe un acordo co bispado de Lugo, que se mostra favorable á rehabilitación integral do inmoble, hoxe en mal estado de conservación”, denuncia o PP.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSOE defende un “proxecto da xente” fronte a unha dereita centrada en “desmantelar” servizos públicos

Os candidatos do PSdeG-PSOE ao Congreso e ao Senado pola provincia de Lugo, Patricia...

Condenan a nove anos por maltratar e agredir sexualmente á filla menor da súa parella

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a nove anos e un...

Benigno Gómez (PSOE), o alcalde que deixa Cervantes para gozar da xubilación tras cinco maiorías absolutas

O socialista Benigno Gómez, nacido en 1953, presentou este luns a súa renuncia como...

Begonte chora a Jesús Domínguez Guizán, o cura que puxo no mapa o seu belén

O Concello de Begonte (Lugo) declarou dous días de loito pola morte o pasado...