InicioAncaresCervantesO PP de Cervantes trasládalle á Xunta a "preocupación" pola atención médica...

O PP de Cervantes trasládalle á Xunta a “preocupación” pola atención médica na zona

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os concelleiros do PP de Cervantes reuníronse co conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, para abordar a actual situación sanitaria do municipio. Alí trasladáronlle as “preocupacións” dos veciños por “garantir a estabilidade da atención médica, a cobertura das prazas profesionais e o mantemento duns servizos sanitarios públicos e de calidade no rural”.

Tal e como recollen un comunicado, o conselleiro informou “con total claridade” da situación e reafirmou “” o seu compromiso “firme” cos veciños de Cervantes. Durante a reunión detallouse a situación do centro de saúde de San Román. Así, confirmaron que o centro mantén as dúas prazas de médico de familia. “Unha delas quedou vacante o mes pasado polo traslado do facultativo que a ocupaba, e non pola eliminación da praza”, sinalan, facendo referencia á “desinformación alimentada por outras formacións políticas”.

A Consellería confirmou, indican, que a praza non está amortizada e continúa ofertándose para a súa cobertura. Mintas, continúan, a asistencia sanitaria está “garantida” mediante o médico titular, con reforzos mediante substitucións dous días á semana e prolongación de xornada”. Por último, na reunión tamén se explicou que os case 200 cartóns sanitarios que corresponden ao consultorio de Doiras integráronse nas cotas do centro de saúde de San Román.

Segundo apuntan, trátase dunha decisión temporal que “garante a asistencia sanitaria a través da centralización neste centro mentres non se cubra a segunda praza de médico”.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP aproba no Senado unha iniciativa para a rehabilitación do mosteiro de Vilar de Donas

O PP fixo uso da súa maioría absoluta no Senado para aprobar unha iniciativa...

O PSOE de Baralla denuncia a falta de médicos no centro de saúde e a inacción do PP

O PSdeG de Baralla denuncia novamente a grave situación sanitaria que sofre o municipio...

Sometido a información pública o proxecto de trazado para mellorar a seguridade no Camiño do Norte

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o trámite de información pública para o...

Lugo abre o canil de Frigsa aínda que con limitacións por motivos de seguridade

O Concello de Lugo informou de que a reapertura do canil de Frigsa, aínda...