InicioLugo e contornaA presidenta da Deputación de Lugo subliña que a igualdade "ten que...

A presidenta da Deputación de Lugo subliña que a igualdade “ten que ser o eixo” que marque calquera decisión

A presidenta da Deputación de Lugo e alcaldesa de Burela destaca no II Encontro Internacional de Mulleres Electas o papel das institucións para fixar poboación no medio rural.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A presidenta da Deputación de Lugo e alcaldesa de Burela, Carmela López, subliñou este xoves que a igualdade “ten que ser o eixo” que marque calquera decisión política. Tal e como trasladou o Goberno provincial nunha nota de prensa, López participou como relatora no II Encontro Internacional de Mulleres Electas ‘As Elixidas’, que se celebra en Praia, Cabo Verde. “A igualdade ten que ser o eixo que marque calquera decisión política e tamén a forma na que miramos a realidade desde as institucións. Non pode ser unha política complementaria, senón o criterio que guíe todas as políticas públicas”, explicou.

Neste sentido, a mandataria provincial presentou no foro internacional as iniciativas impulsadas desde a Deputación de Lugo e desde o Concello de Burela para avanzar na igualdade entre mulleres e homes, destacando o papel dos plans de igualdade como ferramentas fundamentais para estruturar e consolidar estas políticas de maneira oficial nas administracións. López puxo o foco na necesidade de impulsar políticas públicas que favorezan o emprego feminino e contribúan á fixación de poboación no territorio, especialmente no medio rural. “Se as mulleres viven no rural, o rural pode ter futuro”, remarcou.

Durante a mesa que compartiu xunto á alcaldesa de Mocuba (Mozambique), Manuela Opincai, e Alice Silva, Coordinadora da área de Decisións do Instituto Caboverdiano para a Igualdade e Equidade de Xénero (ICIEG), subliñou ademais a “importancia” da educación como “ferramenta crave” para avanzar cara a sociedades “máis xustas e igualitarias”.

+ posts

ÚLTIMAS

Polémica en Lugo polo presunto uso irregular de fondos de Turismo

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, acusou á dirixente provincial do PPdeG...

Rescatadas nove vacas tras caer por un precipicio en Taboada

O rescate dun grupo de vacas precipitadas nun desnivel na contorna do río Miño,...

PSdeG e BNG denuncian os pactos escuros do PP que acusa a socialistas e nacionalistas de “cruzar unha liña vermella”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, referiuse este venres aos incidentes...

A CIG denuncia a “criminalización” dos traballadores que enferman este 1 de Maio

Centos de persoas saíron á rúa en Lugo, no acto central convocado polo sindicato...