InicioPolíticaO PP visita as instalacións de Quescrem para coñecer o "papel estratéxico"...

O PP visita as instalacións de Quescrem para coñecer o “papel estratéxico” de empresas da provincia de Lugo

Antonio Ameijide, destacou que proxectos como o de Quescrem son "o un gran exemplo e a mellor mostra de que o rural galego pode liderar mercados nacionais e internacionais dende a innovación e o respecto ao sector primario"

PUBLICADA O

- Advertisement -

Continuando coa planificación de coñecer empresas asentadas na provincia, o seu funcionamento e como fan medrar á economía provincial, os deputados do Grupo Provincial do Partido Popular achegáronse ás instalacións de Quescrem, situada no concello de Castro de Rei, visita que aproveitaron para poñer en valor “o papel estratéxico” das empresas agroalimentarias que apostan pola provincia de Lugo.

O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, destacou que proxectos como o de Quescrem son “o un gran exemplo e a mellor mostra de que o rural galego pode liderar mercados nacionais e internacionais dende a innovación e o respecto ao sector primario”.

Ameijide destacou a importancia para a provincia de poder contar con proxectos empresariais como o de Quescrem, valor que “non reside só na súa facturación, senón na súa capacidade para dar valor aos excedentes e á produción de leite local, así como a creación de emprego en municipios eminentemente rurais”.

“Iniciativas empresariais como Quescrem son fundamentais para fixar poboación. Non só crean emprego directo, senón que garanten unha saída competitiva e de calidade para o traballo dos nosos gandeiros, que son a base fundamental da economía lucense”, sinalou.

Quescrem consolidouse como un referente na fabricación de queixo crema e outros derivados lácteos, unha importancia empresarial que se ve reflectida en datos como contar cun cadro de persoal que supera os 90 profesionais, sendo unha das principais fontes de traballo cualificado na Terra Chá, unha facturación anual duns 20M€, e un traballo ben feito que leva o nome de Lugo a máis de 40 países.

Pola súa banda, o deputado provincial e alcalde de Castro de Rei, Francisco Balado, destacou a importancia desta iniciativa para o municipio, como tamén o de tantas outras empresas e proxectos agrogandeiros, pero quixo recordar “a aposta de Quescrem en I+D+i, o que lle permite adaptar os seus produtos ás esixencias da alta gastronomía e da industria alimentaria global”.

Francisco Balado recordou a importancia de que todas as administracións públicas sigan apoiando ao tecido industrial nos municipios rurais. “Se queremos unha provincia viva, forte e que siga a medrar, necesitamos facilitar o crecemento de empresas que transforman a nosa materia prima en produtos de alto valor engadido sen abandonar as súas raíces”.

+ posts

ÚLTIMAS

Lanzamento de moedas e berros de “traidora”: o asalto á Alcaldía de Lugo desata a tormenta no pleno

Varios centenares de persoas, convocados pola plataforma 'Transfuguismo non, Democracia si', concentráronse este xoves...

O PPdeG insta a BNG e PSOE a frear a súa “escalada de odio” en Lugo: “A xente apoia a moción de impulso”

O Partido Popular instou este xoves ao BNG e ao PSOE a frear a...

A CIG traslada a súa manifestación do 1 de maio a Lugo para denunciar a “deriva autoritaria e golpista do PP”

Os sindicatos lanzarán un berro pola paz e contra a guerra este 1 de...

Detido en Lugo un home por tentar agredir con dous coitelos á parella da súa exmoza

A Policía Local de Lugo detivo a un home por tentar agredir con dous...