InicioPolíticaO BNG pide coñecer o estado dos 186 pisos da Sareb en...

O BNG pide coñecer o estado dos 186 pisos da Sareb en Lugo e o seu traspaso á Xunta

PUBLICADA O

- Advertisement -

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha serie de preguntas na Cámara co obxectivo de coñecer o estado dos 186 pisos que a Sareb mantén na provincia de Lugo e que, nas súas palabras, seguen nunha situación de “limbo legal” máis dun ano despois do anuncio de utilizar vivendas do ‘banco malo’ para incrementar o parque de vivenda pública.

A través dun comunicado, a formación nacionalista lembra que o Consello de Ministros e Ministras acordou traspasar determinados activos da Sareb á antiga Sepes –reconvertida en casa 47– e demanda coñecer o estado do procedemento e o plan do goberno para o caso de Lugo. OO BNG reclama que as vivendas titularidade da Sareb se transfira de forma gratuíta á Xunta da Galicia para a súa incorporación a unha bolsa de vivenda pública”, pediu Néstor Rego.

O deputado sostén que os inmobles “xa foron adquiridos con fondos públicos” cando se produciu o rescate dos activos das entidades bancarias durante a crise inmobiliaria e financeira despois do 2009, polo que cre que “non ten sentido tentar recuperar os fondos doutras administracións cando non se lle esixiu ese pago aos bancos rescatados”.

Para o BNG “non é entendible” que o Goberno pretenda “centralizar” a xestión das políticas de vivenda e “administrar directamente” o aluguer social dos inmobles cedidos. “Por moito que o executivo pretenda disfrazalo de coordinación e colaboración, dos trámites iniciados non se desprende a intención ou a materialización de mecanismos”, criticou Rego.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...