InicioLugo e contornaLugoPechan un bar en Lugo por case 50 días por superar o...

Pechan un bar en Lugo por case 50 días por superar o aforamento permitido

O local, segundo os documentos incorporados aos expedientes, foi denunciado en varias ocasións por superar o aforamento máximo autorizado --fixado en 25 persoas--.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo decretou o peche temporal, durante 47 días, dun bar situado na rúa Tui tras superar en varias ocasións o aforamento máximo permitido.

Segundo informou o consistorio nun comunicado, a decisión xorde tras a resolución de dous expedientes sancionadores instruídos pola Sección de Mobilidade Urbana e Sancións, por mor de reiteradas denuncias formuladas pola Policía Local.

O local, segundo os documentos incorporados aos expedientes, foi denunciado en varias ocasións por superar o aforamento máximo autorizado –fixado en 25 persoas–.

Como consecuencia desta infracción, impuxeron unha sanción consistente na suspensión da actividade de bar durante un total de 47 días.

De maneira paralela, tramitaron un segundo expediente sancionador por permitir a saída de vasos e consumicións á vía en varias ocasións. Por iso, estableceron unha sanción de 1.803 euros.

“Estas actuacións responden o exercicio das competencias municipais de inspección e disciplina en materia de actividades, co obxectivo de garantir o cumprimento da normativa, a seguridade dos usuarios e a convivencia cidadá”, remarca o consistorio no comunicado.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo pide máis profesorado e apoio a residencias co voto contrario do PPdeG

O pleno ordinario da Deputación de Lugo celebrado este martes tivo como unha das...

O Caudal Fest xa quenta motores para o 2027: confirmada La Oreja de Van Gogh

Caudal Fest segue a dar forma á edición de 2027 e faino agora coa...

Prisión provisional para o detido por apuñalar a outro home nun bar da Milagrosa

O home detido pola súa presunta implicación no acoitelamento doutro cliente nun bar do...

O Mariñas Sound, o festival que naceu “dun grupo de amigos de 20 anos”, pon música á previa do San Froilán

O Mariñas Sound afronta a súa cuarta edición coa previsión de reunir a máis...