InicioPolíticaA Xunta acusa o Goberno de deixar á provincia de Lugo "hipotecada"...

A Xunta acusa o Goberno de deixar á provincia de Lugo “hipotecada” tras a súa decisión sobre Altri

PUBLICADA O

- Advertisement -

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acusou ao Executivo central de deixar á provincia de Lugo “hipotecada” en relación a futuros proxectos industriais que se queiran instala, despois de que a Administración autonómica procedese ao arquivo do proxecto de Altri en Palas de Rei pola negativa do Executivo de Pedro Sánchez á súa conexión coa rede eléctrica.

A preguntas dos medios nun acto na Coruña, e cuestionado pola sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que ditou que a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático “debe manter” na súa estratexia verde a “protección” dos terreos, Calvo manifestou descoñecer a sentenza. “Non a coñezo en profundidade”, respondeu.

No entanto, insistiu no motivo polo que a Xunta arquivou o proxecto, coa súa consecuente paralización. “Quedou esgotado no momento no que o Goberno non contempla unha conexión eléctrica para a provincia de Lugo, hipotecando este proxecto e outros que se poidan instalar nos próximos anos”.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...

O Concello de Lugo pide axilidade á Deputación na renovación da avenida Adolfo Suárez

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo un encontro co presidente da Asociación de...