InicioCulturaA Presidenta pon en valor o Museo Provincial de Lugo como peza...

A Presidenta pon en valor o Museo Provincial de Lugo como peza clave da cultura na provincia

Carmela López destacou a importancia do Museo Provincial como espazo aberto á cidadanía, clave para a difusión do patrimonio histórico e artístico lucense e para o fortalecemento da identidade cultural da provincia

PUBLICADA O

- Advertisement -

 

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, visitou este venres o Museo Provincial de Lugo no marco da rolda de encontros que está a manter cos diferentes servizos da institución, co obxectivo de coñecer de primeira man o seu funcionamento, os proxectos en marcha e as súas principais necesidades.

Acompañada pola Deputada de Cultura, Iria Castro, a mandataria percorreu as distintas salas expositivas e dependencias técnicas do centro, onde puxo en valor o papel que desempeña como referente cultural e patrimonial da provincia. Durante a visita, interesouse polas coleccións permanentes e temporais, así como polas iniciativas educativas, os programas de dinamización cultural e os traballos de conservación e investigación que se desenvolven desde a Rede Museística Provincial de Lugo.

Carmela López destacou a importancia do Museo Provincial como espazo aberto á cidadanía, clave para a difusión do patrimonio histórico e artístico lucense e para o fortalecemento da identidade cultural da provincia.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

O PP provincial esixe á presidenta da Deputación “entregar o expediente sobre José Tomé”

O Grupo Provincial Popular esixiu hoxe e de forma rotunda que a presidenta da...

A Deputación licita por máis dun millón de euros o equipamento da residencia de Becerreá

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a licitación do...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...