InicioCulturaInaugurada a mostra "Historia Postal de Lugo S. XVIII-XX" no Museo Provincial

Inaugurada a mostra “Historia Postal de Lugo S. XVIII-XX” no Museo Provincial

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Museo Provincial inaugurou este xoves a mostra “Historia postal de Lugo. S. XVIII-XX”, con cartas, marcas e selos do coleccionista Andrés García Pascual que percorren  máis de 150 anos de actividade postal. A mostra inclúe máis de 370 pezas, que amosan a evolución dos sistemas de franqueo, os itinerarios de correspondencia e a organización do servizo de correos.

A deputada de Cultura Iria Castro participou no acto, cunha visita guiada á exposición da man de Andrés García Pascual, quen destacou, entre outros documentos singulares, a primeira marca filatélica que presenta a incial L, de 1970, ou a primeira en que aparece o o nome de Lugo completo, de 1799.

A responsabel provincial valorou a labor investigadora e coleccionsta de Andrés Gacía Pascual como base deste proxecto expositivo que, lembrou, empezou a tomar forma cando en decembro do ano pasado, neste mesmo Refectorio, presentamos un selo e unha tarxeta postal conmemorativas do Museo da Migración da Rede Museística Provincial.

“Historia postal de Lugo. S. XVIII-XX”

A mostra artéllase en catro bloques:

“Historia postal de la Administración Principal de Correos de Lugo. s. XVIII-XIX” Móstranse as marcas postais utilizadas en todas as poboacións que, naquel tempo, dependían postalmente da Principal de Lugo, é dicir as pertencentes ás provincias de Lugo, Mondoñedo e Betanzos.

“Carterías de la provincia de Lugo. s. XIX-XX” Recompilación das marcas postais utilizadas polas diferentes Carterías da provincia de Lugo.

“Historia Postal de la ciudad de Lugo. s. XVIII-XIX” Preséntanse cartas coas marcas postais utilizadas na Administración Principal de Correos de Lugo ao longo duns 150 anos.

“Lugo: Guerra de la Independencia e intervención de los 100.000 Hijos de San Luis” Cartas, documentos e gravados que testemuñan a importancia estratéxica de Lugo en ambas as contendas.

O percorrido complétase con tres vitrinas que conteñen unhas 130 caixas para selos dos séculos XIX e XX e unha selección bibliográfica especializada procedente da colección persoal de Andrés García Pascual.

A mostra, pode verse no Refectorio do Museo Provincial de Lugo ata o 22 de marzo

+ posts

ÚLTIMAS

Xulgan un home acusado de agresión sexual á técnica da ONG que o acollía

O Xulgado do Penal número 1 de Lugo viu este martes o caso contra...

Violento altercado entre dous acusados por agresión sexual na Audiencia de Lugo

Dous mozos protagonizaron este martes na Audiencia Provincial de Lugo un altercado no xuízo...

A Xunta destina 27,3 millóns á construción de 152 vivendas de promoción pública en Lugo

O Goberno galego autorizou a licitación das obras de construción de 152 novas vivendas...

‘Coñece a túa Provincia’ leva a 130 persoas a cinco destinos diferentes de Lugo

  O programa da Deputación Coñece a túa provincia leva estes días a 130 veciños...