InicioPolíticaSenadores galegos reclaman ao Goberno a rehablitación urxente da N-120

Senadores galegos reclaman ao Goberno a rehablitación urxente da N-120

O senador José Manuel Balseiro denunciou o “abandono institucional” que sofre esta vía estatal, clave para a vertebración do sur da provincia de Lugo e que presenta un pavimento cuarteado, cheo de fochancas e sometido a continuos parcheos que non solucionan o problema estrutural

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Senado esixe ao Goberno de Sánchez unha actuación urxente e integral na N-120 na provincia de Lugo ante o grave deterioro do firme e o aumento das situacións de risco para os condutores ao saír adiante unha iniciativa presentada polos representantes do PP lucense na Cámara Alta.

O senador José Manuel Balseiro denunciou o “abandono institucional” que sofre esta vía estatal, clave para a vertebración do sur da provincia de Lugo e que presenta un pavimento cuarteado, cheo de fochancas e sometido a continuos parcheos que non solucionan o problema estrutural.

Non é unha percepción política. É unha realidade que denuncian os veciños, que sofren os transportistas e que o propio Goberno de España non tivo máis remedio que recoñecer”, expuxo. De feito, en resposta ás preguntas dos senadores lucenses do Partido Popular recoñeceu a frecuencia de accidentes, pinchazos e saídas de vía nesta estrada de titularidade estatal.

O senador lucense tamén sinalou que “os compromisos públicos non se anuncian para quedar en titulares”, senón que “se cumpren”. Polo que esixe o cumprimento do compromiso de executar o terceiro carril entre Os Peares e Ourense publicado no BOE o 30 de abril de 2024.

Balseiro esixiu feitos e prazos concretos para que a rehabilitación integral e ese terceiro carril sexa unha realidade; non unha promesa incumprida máis do Goberno de Sánchez coa provincia.

AUSENCIA DA SENADORA DO BNG

Balseiro tamén afeou a postura da senadora do BNG, que nin asistiu ao debate nin á comisión, unha situación que “contrasta coa reivindicación que semellan amosar cando pisan a comarca”.

Neste senso, o senador do PP de Lugo pide “máis compromiso coa comarca e dilixencia no traballo xa que é no Senado onde se pode esixir ao Goberno de Sánchez a actuar con seriedade en prol da mellora desta estrada Nacional”.

PSdeG ANUNCIA QUE AS OBRAS INICIARANSE “DE INMEDIATO”

O senador do PSdeG César Mogo asegurou hoxe na Cámara Alta que a reparación da estrada Nacional 120 “acometerase de inmediato”. Durante o debate dunha iniciativa na Comisión de Transportes e Mobilidade Sostible, afirmou que “veciños e usuarios teñen razón” nas súas demandas respecto da mellora da N-120, “e o Partido Socialista dállela”.

“Tal como denunciamos as iniciativas que só pretenden facer ruído, cando se debate sobre unha necesidade real, os socialistas sumámonos e acordamos, porque se trata de dar resposta a problemas reais”, defendeu.

O senador socialista recordou que a situación da N-120 se debe a un abandono de case dúas décadas e que non se trata dun caso exclusivo da Rede de Estradas do Estado, xa que, sinalou, tamén existen na provincia lucense estradas de titularidade autonómica que se atopan en estado deplorable e precisan dun arranxo urxente. Neste punto, Mogo referiuse á N-540, que discorre pola provincia de Lugo, para avanzar que o Estado tamén prevé unha próxima intervención a fondo nela.

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

O PP de Lugo esixe á Deputación a integración dos 16 traballadores de Suplusa tras a sentenza do Supremo

O PP provincial de Lugo esixe á Deputación que "rectifique" e integre aos 16...

O BNG de Lugo inicia o proceso para elixir a súa candidatura ás municipais de 2027

O BNG de Lugo arrinca este luns o seu procedemento interno para designar a...