InicioPolíticaO PP de Lugo acusa a Sánchez de "deslealdade" con Galicia por...

O PP de Lugo acusa a Sánchez de “deslealdade” con Galicia por “bloquear” a axilización da dependencia

"O Goberno de Pedro Sánchez prefire danar aos galegos en situación de dependencia para atacar as medidas de impulso e axilización de trámites do goberno da Xunta", subliñan desde o PP

PUBLICADA O

- Advertisement -

O PP de Lugo instou ao Goberno central a retirar o recurso contra a lei galega de medidas fiscais e administrativas xa que “bloquea” o plan de axilización da dependencia impulsado pola Xunta de Galicia.

Nun comunicado, representantes do PP na Deputación e no Concello de Lugo reivindicaron que defenderán unha iniciativa conxunta despois de que o Tribunal Constitucional admitise a trámite dito recurso do Executivo.

Esta decisión supón un “bloqueo” ás políticas sociais que estaban a dar resposta á cidadanía e que permitiron simplificar trámites administrativos para miles de persoas en situación de dependencia, apuntan os ‘populares’.

“O Goberno de Pedro Sánchez prefire danar aos galegos en situación de dependencia para atacar as medidas de impulso e axilización de trámites do goberno da Xunta”, subliñan desde o PP, que ven “incomprensible” que se opte por recorrer medidas que estaban “a funcionar”, especialmente cando o Estado “mantén unha importante débeda en matera de financiamento da dependencia con Galicia, incumprindo o cofinanciamiento do 50% establecido na normativa vixente”.

O PP criticou que mentres Sánchez busca a “confrontación”, os galegos son os que sofren a “deslealdade” do PSOE e a “obsesión” do presidente de ir “contra Galicia”.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...