InicioEconomíaInterior Galego Vivo reclama a Transportes a reparación inmediata da N-540 e...

Interior Galego Vivo reclama a Transportes a reparación inmediata da N-540 e da N-120

O colectivo sinala que en 2024 apenas se executaron 200.000 euros en actuacións que se limitaron a parcheos, mentres que o recente tren de borrascas provocou o colapso do firme en numerosos treitos, con fochancas de grande dimensión, problemas de drenaxe e marxes sen mantemento

PUBLICADA O

- Advertisement -

O movemento cidadán rural Interior Galego Vivo vén de rexistrar máis unha solicitude formal perante o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (MITMA) para esixir a reparación inmediata e urxente das estradas N-540 e N-120 ao seu paso polo interior da Galiza, ante o deterioro extremo de ambas vías e o grave risco para a seguridade viaria.

Concretamente, a N-540 conta con varios tramos totalmente degradados e require unha actuación integral, a comezar pola comarca de Chantada e polo termo municipal de Portomarín. Canto á N-120, o pior tramo entendemos que é o que transcorre entre o concello de Quiroga e o alto da Guítara, xa no termo municipal de Pantón.

A solicitude, asinada polo coordinador xeral do movemento, Antom Fente Parada, lembra que xa en 2023 e 2024 se trasladou ao Ministerio o estado “lamentábel e recorrente” da N-540, principal eixo de comunicación entre Lugo e Ourense e vía vertebradora da Galiza interior. Naquel momento indicóusenos que existían proxectos prioritarios con máis de 13 millóns de euros previstos para 2023. Porén, Interior Galego Vivo denuncia que esas actuacións non se materializaron e que a estrada presenta hoxe un estado “máis calamitoso ca nunca” ao que, engade Fente, “urximos ao Ministerio a subsanar con carácter inmediato unha situación que, folga dicilo, trae consigo a quebra do principio constitucional de igualdade ao discriminar as comarcas rurais do interior galego que encabezan os índices estatais de envellecemento e demotanasia”.

O colectivo sinala que en 2024 apenas se executaron 200.000 euros en actuacións que se limitaron a parcheos, mentres que o recente tren de borrascas provocou o colapso do firme en numerosos treitos, con fochancas de grande dimensión, problemas de drenaxe e marxes sen mantemento. Esta situación afecta gravemente á seguridade viaria, á actividade económica e ao principio de igualdade territorial, ao prexudicar especialmente comarcas rurais envellecidas e sen alternativas de transporte público ou ferroviario.

Interior Galego Vivo lembra tamén que o deterioro da malla cinexética incrementou os accidentes pola irrupción de xabarís na calzada, algúns con resultado mortal, así como os acordos unánime do pleno da Corporación de Chantada en 2018 e 2020 a proposta de Por Chantada – Interior Galego Vivo instando ao Ministerio a actuar nesta infraestrutura.

O movemento subliña que a súa proposta non se limita a unha reclamación xenérica, senón que parte da análise detallada dos expedientes administrativos e da licitación en curso. “Non se trata de facernos fotos, mais de pór sobre a mesa propostas concreta”. Por iso, IGV solicita unha modificación inmediata da actual licitación da N-540, xa que o propio expediente recoñece a insuficiencia dos 10 millóns de euros previstos (sen IVE) para os 60 quilómetros afectados.

En concreto, Interior Galego Vivo reclama trasladar á anualidade 2026 os 5.423.800,50 euros previstos para 2027, co fin de totalizar no exercicio 2026 un investimento de 9.173.000,84 euros (IVE e beneficio industrial incluídos), acelerando así as actuacións e evitando que se prolonguen até 2027 -como está previsto- en canto a vía continúa deteriorándose.

+ posts

ÚLTIMAS

A Ponte de Cruzul, a única neoclásica de Lugo, declarada BIC

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publica este xoves o real decreto polo que...

O goberno local de Guitiriz defende que as súas accións se efectuaron “con absoluto respecto á legalidade”

O goberno de Guitiriz defendeu este mércores que todas as súas actuacións "leváronse a...

“Canda Elena”, a canle con entrevistas en Youtube da ‘popular’ Elena Candia

A portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular en Lugo, Elena Candia, puxo en...

Mostra ‘O derradeiro trazo de xiz’ Miguel Muñiz no pazo de San Marcos

Esta tarde inagurouse no Pazo de San Marcos a mostra fotográfica e documental “O...