InicioSucesosMulta de mil euros por atropelar unha persoa nun paso de peóns...

Multa de mil euros por atropelar unha persoa nun paso de peóns logo dun acordo antes do xuízo

No seu momomento, a indemnización fixouse en 15.000 euros polos días de prexuízo causado, as operacións e as secuelas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Tribunal de Instancia, sección Penal, praza 2, de Lugo condenou a un condutor, autor dun atropelo que tivo lugar no mes de agosto de 2021 na intersección das rúas Rafael de Veiga e Nicomedes Pastor Díaz, e que deixou a unha persoa ferida grave.

O acusado, que se declarou autor dos feitos, foi condenado ao pago dunha multa de mil euros e a retirada do carné de conducir por un ano e medio.

Inicialmente, a Fiscalía pedía 2.800 euros de multa e dous anos de retirada do carné, pero antes de iniciarse o xuízo chegouse a un acordo.

Os feitos remóntanse ao mes de agosto de 2021, cando o home, conducindo un vehículo de alta gama, sobre o mediodía atropelou no paso de peóns á vítima, que estaba a cruzar nese momento. Admítese, segundo o informe policial, que non existían restricións de visibilidade, que o paso de peóns estaba ben sinalizado e que había unha restrición de velocidade a 30 km/h, e atribúese o accidente a unha “falta de atención”.

A persoa atropelada sufriu numerosas lesións; por algunhas delas tivo que ser intervida cirurxicamente en dúas ocasións e non recibiu a alta médica ata o mes de decembro dese mesmo ano, aínda que precisou fisioterapia durante dous meses máis e quedáronlle varias secuelas.

No seu momomento, a indemnización fixouse en 15.000 euros polos días de prexuízo causado, as operacións e as secuelas.

+ posts

ÚLTIMAS

Fademur denuncia “déficit de profesionais” nos municipios da montaña lucense e apoia a mobilización do xoves

Fademur Galicia denunciou a «carencia de profesionais» que padecen os municipios da montaña lucense...

Candia compromete solucións para os pavimentos da ZBE

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, e o concelleiro de Mobilidade e Infraestruturas, Antonio...

Vilalba inicia traballos de rexeneración nas pistas municipais en Lanzós e San Simón da Costa

O Concello de Vilalba continúa avanzando na mellora da rede viaria municipal do rural...