InicioComarca da FonsagradaA FonsagradaCarmela López destaca o labor do Museo Comarcal da Fonsagrada, recoñecido co...

Carmela López destaca o labor do Museo Comarcal da Fonsagrada, recoñecido co Butelo de Ouro

“O museo leva anos facendo un traballo serio, constante e comprometido coa historia desta comarca. Un traballo que non sempre se ve, pero que é fundamental para entender A Fonsagrada, a súa xente e a súa maneira de vivir”, destacou a presidenta da Deputación

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, participou este domingo xunto ao Alcalde da Fonsagrada e Deputado provincial, Carlos López, na entrega do Butelo de Ouro, que este ano recoñece ao Museo Comarcal da Fonsagrada. Un espazo cultural do que a mandataria provincial destacou o seu labor na conservación da memoria da Montaña.

“O museo leva anos facendo un traballo serio, constante e comprometido coa historia desta comarca. Un traballo que non sempre se ve, pero que é fundamental para entender A Fonsagrada, a súa xente e a súa maneira de vivir”, destacou a presidenta. Puxo en valor que “recoñecer ao Museo Comarcal é recoñecer a importancia de conservar a memoria sen idealizala, de explicala con rigor e de transmitila con orgullo. É entender que a cultura e o patrimonio tamén forman parte do futuro dun territorio”.

Na súa primeira visita á Feira do Butelo como Presidenta da Deputación, Carmela López puxo en valor o produto estrela desta cita “que se constrúe co tempo, co coidado e coa implicación de moita xente”. “Un orgullo compartido que nace do convencemento de que o propio ten valor cando se coida, cando se defende e cando se comparte con naturalidade”. E nese sentido sinalou que o Butelo de Ouro recoñece a traxectoria e o camiño percorrido para que A Fonsagrada sexa hoxe o que é.

Xoán Xosé Molina, presidente do Museo Comarcal da Fonsagrada, foi o encargado de recoller este recoñecemento de mans do Alcalde que, durante a súa intervención loou a pegada deste espazo “na conservación, divulgación e posta en valor da nosa historia para transmitir ese legado ás xeracións futuras”.

Situado na Praza do Museo, o Museo Comarcal da Fonsagrada está aberto durante todo o ano e alberga unha mostra expositiva con utensilios, ferramentas e reconstrucións de oficios tradicionais como a forxa, cestería ou zapatería; obxectos cotiáns da vida no rural como material escolar antigo, pezas vencelladas á labranza; maquetas, planos e fotografías para coñecer as características construtivas das vivendas, hórreos ou moliños típicos da contorna; pezas que abarcan do período megalítico ata a época castrexa e a romanización; e esculturas e obras de artistas galegos contemporáneos. A entrada ten un custo de 1,5€ para os maiores de 12 anos e durante o inverno pode visitarse de martes a domingo en horario de 12:00 a 14:00 horas e nas fines de semana tamén polas tardes, de 17:00 a 19:00 horas.

A XXIX edición da Feira do Butelo, á que a Deputación achegou 35.000€, péchase este domingo coa participación de 60 postos de venta de alimentación e artesanía que o ano pasado acadaron un volume de vendas de produto cárnico de 25.000 quilos.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo pide á Xunta reformular o anteproxecto de lei de administración local

O Pleno da Deputación de Lugo aprobou este martes unha proposta de Goberno en...

Senadores do PP estudarán demandas do sector da repartición pola alza de prezos dos combustibles

Os senadores do PP lucense, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano,...

A Deputación repartirá 25,5 millóns entre os 67 concellos tras aprobar esta iniciativa no Pleno por unanimidade

O Pleno da Deputación de Lugo aprobou este martes por unanimidade a relación de...

Un ferido nun choque entre dous vehículos na Pastoriza

Un condutor resultou ferido nun accidente rexistrado este luns na estrada LU-122 no municipio...