InicioEconomíaEntrega Premios Empresarias de Galicia 2026 a cinco empresarias

Entrega Premios Empresarias de Galicia 2026 a cinco empresarias

A presidenta da Deputación, Carmela López, felicitou ás premiadas destacando o “seu liderado feminino no tecido empresarial galego” así como “a súa capacidade de poñer en marcha proxectos innovadores, sostibles, que xeran riqueza no territorio e numerosos postos de traballo”

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, asistiu este venres en Santiago de Compostela á décima edición da Gala de Entrega dos Premios Empresarias de Galicia 2026, que recoñecen a traxectoria profesional de cinco galegas que representan valores de liderado, sustentabilidade e arraigo en Galicia. Unha das premiadas foi Mercedes Toscano, a viveirense e directora executiva da primeira fábrica de lambonadas sen azucre de Galicia, quen recibiu o galardón na categoría de emprendemento.

Carmela López felicitou ás premiadas destacando o “seu liderado feminino no tecido empresarial galego” así como “a súa capacidade de poñer en marcha proxectos innovadores, sostibles, que xeran riqueza no territorio e numerosos postos de traballo”. Realizou unha mención especial á mariñá Mercedes Toscano quen “tras a súa traxectoria profesional en América Latina impulsou un proxecto pioneiro en Galicia que traballa xa con grandes empresas nacionais e internacionais”.

Xunto á viveirense recibiu o galardón na categoría de empresaria do ano a fundadora da tenda de moda Coosy, Virginia Pozo; o premio á traxectoria profesional foi para a presidenta das empresas galegas INASUS, METALDEZA e O Muiño; a creadora de contido Lucía Freitas acadou o recoñecemento na categoría Impacto Social; e Luz Pardo, CEO de Gestán Conteco e fundadora de Cafés Lúa e Espazo Nature obtivo unha mención de honor.

O acto, que tivo lugar no Hotel San Francisco, reuniu a centos de persoas, profesionais de tecido empresarial galego e social, así como numerosos representantes políticos como o Presidente da Deputación de Coruña, Valentín González Formoso, a Alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín Rei, e o Delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco Lobeiras, entre outros.

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

O PP de Lugo esixe á Deputación a integración dos 16 traballadores de Suplusa tras a sentenza do Supremo

O PP provincial de Lugo esixe á Deputación que "rectifique" e integre aos 16...

O BNG de Lugo inicia o proceso para elixir a súa candidatura ás municipais de 2027

O BNG de Lugo arrinca este luns o seu procedemento interno para designar a...