InicioPolíticaO PPdeG esixe á Deputación acelerar a reconstrución da ponte de Navia

O PPdeG esixe á Deputación acelerar a reconstrución da ponte de Navia

O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, fixo fincapé no “abandono de toda a rede de estradas, no abandono de infraestruturas” en toda a provincia

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os deputados provinciais do PPdeG, Antonio Ameijide e Jesús Núñez, xunto ao voceiro do PP en Navia, Raúl Pérez, comprobaron o estado da ponte de Navia e que “haberá que construír de novo”, algo para o que pide “celeridade para devolver á normalidade a esta zona da provincia”.

O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, fixo fincapé no “abandono de toda a rede de estradas, no abandono de infraestruturas” en toda a provincia durante as dúas últimas décadas por parte de PSOE e BNG, que teñen como resultado que “pontes como a de Navia caen ou que haxa innumerables estradas na provincia intransitables”.

Antonio Ameijide reitera a necesidade de aumentar o mantemento que se realiza á rede viaria provincial porque “é un labor de prevención fundamental para evitar riscos innecesarios aos lucenses e a quen nos visita”.

Unha reflexión sobre a que lanza unha pregunta: “Por que non hai mantemento nas institucións que dirixe o PSOE? Porque o mantemento non o poden inaugurar, porque co mantemento non poden dar titulares nin poden cortar cintas, porque non poden facer actos”.

Neste senso, Antonio Ameijide reitera a petición que “levamos anos defendendo que se poña en marcha un plan de mantemento da rede viaria provincial comezando por aqueles municipios nos que hai máis anos que non se actúa ou nos que hai que realizar labores de mantemento por motivos de urxencia”.

O voceiro popular insta á nova presidenta provincial, Carmela López, a “ter unha maior preocupación pola rede viaria provincial que o seu predecesor no cargo porque investir en mantemento é investir en seguridade para as persoas e en mellorar a imaxe da nosa provincia”.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

Case corenta detidos por roubo de 140 Km de cable de cobre en varias provincias, entre elas Lugo

A Garda Civil detivo a 39 persoas nas provincias de Ávila, La Rioja e...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...