InicioLugo e contornaLugoO Concello de Lugo reclama á Xunta o financiamento do SAF segundo...

O Concello de Lugo reclama á Xunta o financiamento do SAF segundo o “custo real”

Neste contexto, a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) pactaron esta mesma semana unha subida gradual da achega autonómica ao SAF, pola que a parte autonómica ascenderá a 16 euros hora en 2026, 17 euros por hora en 2027 e 18 euros por hora en 2028

PUBLICADA O

- Advertisement -

O goberno local lucense defenderá no pleno deste mes unha proposición para reclamar á Xunta que “cumpra coa normativa vixente” e financie o Servizo de Axuda non Fogar (SAF) conforme ao “custo real” deste servizo. Ademais, esixirá ao Goberno galego que dote “de inmediato” as horas necesarias para eliminar a lista de espera no municipio, “que a día de hoxe afecta a 618 persoas dependentes”.

Neste contexto, a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) pactaron esta mesma semana unha subida gradual da achega autonómica ao SAF, pola que a parte autonómica ascenderá a 16 euros hora en 2026, 17 euros por hora en 2027 e 18 euros por hora en 2028.

“O acordo recoñece por fin a infrafinanciación, pero segue sendo insuficiente: a Xunta debe asumir o que marca a lei”, afirmou a concelleira de Cohesión Social, Olga López Racamonde, quen subliñado que, “mesmo co incremento os concellos seguirán cubrindo a diferenza ata superar os 21 euros por hora, que é o custo real no caso de Lugo”.

Ademais, indicou que o SAF de dependencia chega a finais de ano con 618 persoas en lista de espera; é dicir, “618 persoas ás que se lles recoñeceu un dereito pero non se lles presta o servizo. Isto é unha vulneración clara do sistema de atención á dependencia”, tal e como denunciou.

Con todo, lembrou que “para evitar que os maiores queden desatendidos, ven obrigados a mobilizar recursos propios”. En concreto, detallou que o goberno local “inviste medio millón no SAF de libre concorrencia fronte aos 82.000 euros que achega a Xunta, e destina cada ano ao redor dun millón ao SAF de dependencia”.

A XUNTA LEMBRA QUE O SAF É MUNICIPAL

A Xunta de Galicia, pola súa banda, afeou que sexa o Concello de Lugo o que faga reclamacións cando “presenta unha dos peores cocientes de atención no servizo da provincia”. Apuntan que só chega ao 34% de usuarios e que conta cunha lista de espera de 600 persoas, mentres que “acumula máis de 620 horas dispoñibles abonadas pola Xunta e pendentes de asignar”.

Ademais, lembran que non é o Goberno galego o que debe acabar coa lista de espera, senón o propio Concello, xa que o SAF é de competencia municipal.

Apuntan tamén que a todos os municipios que solicitan un aumento de horas para facer fronte á demanda do servizo, “concédeselles sempre”, como ocorreu coas peticións de Mondoñedo, Palas de Rei, Portomarín, Xove, Carballedo, Ourol ou A Pobra do Brollón, entre outros.

Por último, instan o Goberno de Lugo a “deixar de criticar” o acordo entre Xunta e Fegamp e reclamar ao Goberno central que cumpra coa Lei de dependencia e achegue o 50% do financiamento que marca a normativa, “e que lonxe de cumprir, reduce cada vez máis a achega”, sumando xa unha débeda de 2.900 millóns de euros.

+ posts

ÚLTIMAS

Arroxo amosa preocupación polo futuro dos proxectos de Lugo ante a moción de censura

O tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo (BNG), expresou a súa preocupación polo...

Investigado por insultar e ameazar en redes sociais a un xogador do Club Deportivo Lugo

A Policía Nacional identificou a un home, veciño da provincia de Lugo, como presunto...

Besteiro acusa ao PP de bloquear os grandes proxectos de Lugo durante 27 anos

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, denunciou este mércores en Lugo...

Detido un mozo en Lugo por unha suposta agresión sexual

Un home de 18 anos atópase detido en dependencias policiais acusado dunha suposta agresión...