InicioSucesosMorren dúas persoas nun accidente de tráfico entre un camión e un...

Morren dúas persoas nun accidente de tráfico entre un camión e un turismo en Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

Dúas persoas faleceron este luns nun accidente de tráfico entre un camión e un turismo en Lugo. Segundo informou o 112, tiveron constancia do suceso ao redor das 7.00 horas a través da chamada do condutor do camión implicado.

Indicaba que se produciu unha colisión frontal entre o seu vehículo e un turismo na estrada LU-530, á altura do quilómetro 4, ao seu paso pola parroquia de Carballido. Advertía ademais que era posible que houbese persoas atrapadas no interior do outro vehículo debido ao forte impacto.

Así as cousas, o servizo deu aviso ao 061, aos bombeiros de Lugo, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e aos efectivos de Protección Civil. Tamén foi informado do ocorrido o Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE), do Colexio oficial de Psicoloxía de Galicia. A consecuencia do ocorrido, faleceron os dous ocupantes do turismo. Pola súa banda, o condutor do camión non presentou feridas de consideración.

+ posts

ÚLTIMAS

“Esta é a violencia laboral que vivimos”: a CIG denuncia presións, ameazas e problemas de saúde na banca galega

A perda de dereitos laborais, o descenso dos salarios e as presións para acadar...

Besteiro acusa a PP e Vox de “ter présa” por esquecer os asasinatos franquistas e pide en Lugo “memoria, xustiza e dignidade”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou este xoves en Lugo...

A Deputación de Lugo renova a xestión de tres espazos turísticos e destina preto de 400.000 euros a estradas

A Deputación de Lugo deu luz verde á adxudicación da xestión de tres instalacións...

A Xunta dá o ‘ok’ ambiental á ampliación dunha granxa avícola en Friol ata case 77.000 pitos

A Xunta deu o visto e prace ambiental á ampliación dunha explotación avícola, ata...