InicioSucesosFalece un home tras ser atropelado por un camión no rural de...

Falece un home tras ser atropelado por un camión no rural de Lugo

O accidente ocorreu en Beizo e o condutor do vehículo seguiu circulando tras o impacto.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un home faleceu este venres en Lugo tras ser atropelado por un camión. Segundo informou o 112, o accidente produciuse ás 17.30 horas fronte a unha vivenda no lugar de Beizo, en Lugo. Segundo relatou a persoa que chamou ao 112 para informar, o vehículo, un camión de dobre cisterna, atropelou ao home e seguiu circulando. Tamén apuntaba que pensaba que estaba falecido.

Pouco despois, co equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 xa no punto, confirmouse o falecemento. Pola súa banda, os axentes da Policía Local e da Garda Civil de Tráfico recompilan toda a información sobre o sinistro co fin de coñecer todas as circunstancias do suceso.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación pide un pacto contra o transfuguismo blindado por lei

O Pleno da Deputación de Lugo celebrado este martes sacou adiante unha iniciativa para...

O PP pide no Senado aumentar o investimento eléctrico en Lugo tras quedar Altri sen conexión

O PP empregou a súa maioría absoluta no Senado para aprobar este martes na...

O PSOE de Lugo esixe a Candia continuar co proxecto de praia fluvial nas Saamasas

O edil socialista Jorge Bustos esixe  a Candia que Lugo non perda os avances...

Reunión da Mesa Local de Comercio en Lugo depois de cinco anos desde a última convocatoria

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo unha reunión co presidente de la Federación...