InicioEconomíaO PP de Lugo leva ás Cortes a esixencia de manter a...

O PP de Lugo leva ás Cortes a esixencia de manter a A-56 como autovía e rexeita “empezar de cero”

Os populares reclaman un cronograma urxente nun mes e denuncian que o Goberno de Sánchez tenta atrasar a obra entre Lugo e Ourense cun cambio de formulación.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os representantes do PP pola provincia de Lugo trasladarán ás Cortes Xerais —tanto ao Congreso como ao Senado— o malestar de empresarios, colectivos e alcaldes ante o futuro da autovía A-56. Os populares denunciaron que o Goberno de Pedro Sánchez pretende renunciar a que esta vía sexa unha autovía para todos os efectos, cualificando de “escusa para atrasar a obra” calquera intento de realizar novos estudos que supoñan volver empezar de cero. “O que o Goberno pretende é desandar o andado”, criticaron nunha nota de prensa.

Deste xeito, o Grupo Popular esixirá no Congreso explicacións sobre este “cambio de formulación” e pedirá aclarar se o Executivo descarta definitivamente a execución da autovía. Pola súa banda, os senadores lucenses reclamarán o impulso inmediato dos tramos pendentes entre as cidades de Lugo e Ourense, xa que actualmente na provincia de Lugo só está en funcionamento un único tramo. Entre as súas demandas inclúese a presentación, no prazo de un mes, dun cronograma definido con compromisos temporais e orzamentarios reais.

Xunto á problemática da A-56, o PP tamén levará ás Cortes a necesidade urxente de completar a rehabilitación do firme da N-540, unha actuación anunciada en 2024 que consideran vital ante o estado de abandono da vía. Os populares advertiron de que a provincia de Lugo padece unha “falta de compromiso constante” en materia de infraestruturas viarias, con proxectos estratéxicos que permanecen, segundo denuncian, totalmente paralizados polo Goberno central.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSdeG reclama á Xunta unha solución ante “a extrema gravidade” de Urxencias no HULA

A deputada do PSdeG Lara Méndez López vén de rexistrar no Parlamento unha iniciativa...

Palas de Rei acolle a primeira celebración cidadá polo “non” a Altri

A Plataforma Ulloa Viva festexará esta tarde o "primeiro paso" adoptado pola Xunta de...

O PP preguntará no pleno cando executarán PSOE e BNG os arranxos pendentes na escola de piragüismo

Os deputados do Grupo Provincial Popular preguntarán no vindeiro pleno “cando teñen previsto PSOE...

O PP de Vilalba condena o novo ataque ao busto de Manuel Fraga

O PP de Vilalba expresou a súa "máis rotunda e enérxica condena" ante un...