InicioEconomíaO PSdeG destaca en Lugo o novo abono único de transporte con...

O PSdeG destaca en Lugo o novo abono único de transporte con tarifa plana de 60 euros

A deputada Patricia Otero anuncia que a medida entrará en vigor en xaneiro e pide á Xunta que integre os seus autobuses no sistema.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A deputada do PSdeG-PSOE, Patricia Otero, destacou este xoves en Lugo a próxima aprobación por parte do Consello de Ministros do novo abono único de transporte. Esta medida permitirá viaxar por Galicia e todo o Estado cunha tarifa plana mensual de 60 euros, que se reducirá á metade, 30 euros, para os mozos menores de 26 anos. Otero definiu a iniciativa como un revulsivo para a mobilidade que beneficiará especialmente ás familias e aos usuarios do medio rural que dependen de diversos servizos de transporte.

O novo título, que entrará en funcionamento na segunda quincena de xaneiro, incluirá cercanías, media distancia e liñas de autobús de competencia estatal. Durante a súa intervención na cidade amurallada, a deputada reclamou á Xunta de Galicia que incorpore os servizos de transporte interurbano da súa competencia para maximizar o aforro da cidadanía. Así mesmo, Otero asegurou que as paradas de autobús no rural están garantidas e protexidas por lei, desmentindo calquera risco de supresión.

No que respecta ás infraestruturas ferroviarias, a socialista garantiu que seguirán reivindicando melloras para a provincia de Lugo e a súa conexión con Madrid. Sobre a estación intermodal de Lugo, Otero sinalou que as obras do edificio avanzan conforme aos prazos previstos e agardan que estea rematado a finais deste ano ou principios do próximo, co obxectivo final de que a nova estación entre en funcionamento a finais de 2026.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

Case corenta detidos por roubo de 140 Km de cable de cobre en varias provincias, entre elas Lugo

A Garda Civil detivo a 39 persoas nas provincias de Ávila, La Rioja e...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...