InicioEconomíaLugo estuda sancionar a concesionaria de extraescolares por falta de pagamentos

Lugo estuda sancionar a concesionaria de extraescolares por falta de pagamentos

Os afectados reclaman a intervención do Concello ante a ausencia da nómina de novembro e de documentación laboral.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Tenencia de Alcaldía do Concello de Lugo está a estudar posibles accións legais tras as denuncias de falta de pagamentos por parte de empregados da empresa concesionaria das actividades extraescolares nos centros educativos públicos do municipio.

Os traballadores afectados denunciaron a falta de pagamento da nómina do mes de novembro e que a de outubro se abonou nos primeiros días de decembro. Ademais, sinalaron que “aínda” non recibiron nin os contratos nin as nóminas e que estes últimos meses “non figuran” na súa vida laboral.

Dadas as circunstancias, a Tenencia de Alcaldía advertiu que, de confirmarse as denuncias, “valorará a posibilidade” de impor sancións ou mesmo rescindir o contrato coa empresa concesionaria.

Os afectados puxéronse en contacto coa dirección da empresa, pero agora “reclaman a intervención do Concello para solucionar o conflito”. Pola súa banda, o Concello de Lugo confirmou que trasladará toda a documentación existente á Inspección Laboral para que se “investiguen as circunstancias laborais do persoal afectado e tómense medidas”.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP fai historia: primeira moción de censura no Concello de Lugo desde a recuperación da democracia

O Concello de Lugo vivirá este xoves, 7 de maio, a súa primeira moción...

A moción de Lugo incendia o Parlamento entre acusacións de “compra de vontades”, transfuguismo e “hipocrisía”

A moción de censura de Lugo volveu este martes ao centro do debate político...

Morre un mozo despois de caerlle encima unha tubaxe de 500 quilos

Un mozo faleceu este mércores no municipio lucense de Vilalba tras caerlle encima un...