InicioCulturaJosé Tomé visita o Centro de Galicia de Buenos Aires, a "auténtica...

José Tomé visita o Centro de Galicia de Buenos Aires, a “auténtica casa da colectividade” en Arxentina

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomei Roca, percorreu este luns o histórico espazo do Centro Galicia en Buenos Aires, Arxentina, institución que, entre outras cousas, preserva na súa biblioteca máis de 20.000 libros de autores galegos e ten unha das instalacións deportivas máis grandes da capital porteña.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomei Roca, percorreu este luns o histórico espazo do Centro Galicia en Buenos Aires, Arxentina, institución que, entre outras cousas, preserva na súa biblioteca máis de 20.000 libros de autores galegos e ten unha das instalacións deportivas máis grandes da capital porteña.

Durante a visita ao centro, fundado en 1979, Tomé Roca, acompañado polo senador lucense César Mogo, enxalzou o espazo como unha “auténtica casa da colectividade en Arxentina” e “símbolo vivo da Galicia universal”. “É emocionante comprobar como, a máis de 10.000 quilómetros da nosa terra, a nosa lingua, a nosa música e as nosas tradicións seguen vivas”, destacou o presidente provincial.

A visita culminou cun acto institucional e un intercambio de agasallos no que José Tomé trasladou, en nome da Deputación, “o agarimo, o respecto e o agradecemento do pobo lucense a todos os galegos e galegas de Arxentina”.

“EXTRAORDINARIO PATRIMONIO ARTÍSTICO”

Ademais da biblioteca con máis de 20.000 volumes, Tomei Roca puido coñecer o “extraordinario patrimonio artístico” e documental que conserva o Centro Galicia, con obras de Castelao, Seoane ou Laxeiro. “Un auténtico tesouro galego”, destacou. Alí, por exemplo, está o cadro orixinal ‘A derradeira lección do mestre’, de Alfonso Daniel R. Castelao, que fixo ao presidente lembrar o sufrimento dunha Galicia que “non se dobregou”.

Finalmente, o mandatario lucense destacou que a conservación desta obra en Buenos Aires é unha mostra do papel insubstituíble da emigración galega que levou traballo, esperanza, e a responsabilidade de “preservar a cultura e a memoria colectiva de Galicia”.

+ posts

ÚLTIMAS

Localizan en Lugo un cadáver que podería ser o de Isaura Vázquez, desaparecida desde xullo de 2025

O cadáver dunha muller foi localizado este mércores en avanzado estado de descomposición nas...

Detida en Lugo tras entrar pola forza nunha vivenda, agredir unha muller e regresar para ameazala

A Policía Local de Lugo interveu este mércores nunha agresión con allanamento de morada....

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...