InicioSociedadeAlerta amarela na Montaña lucense por ventos de ata 90 km/h

Alerta amarela na Montaña lucense por ventos de ata 90 km/h

Na Montaña, o refacho máximo de vento na mañá deste mércores correspondeu a Pedrafita do Cebreiro, con 91,9 quilómetros por hora

PUBLICADA O

- Advertisement -

Durante a madrugada desactivouse a alerta por neve na Montaña lucense, mais este mércores o perigo consistirá en refachos de vento superiores a 80 quilómetros por hora. Este fenómeno irá perdendo forza cara o mediodía, mais ao fío das nove da mañá rexistrouse un refacho máximo de 91,9 en Pedrafita do Cebreiro.

No resto de zonas da Montaña non se superaron os 80 quilómetros por hora, con máximos de 73,4 km/h en Cervantes. Na xornada do martes, porén, a medición máis elevada correspondeu á localidade de Baleira, con 80,3 km/h.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...