InicioMedioambiente e PatrimonioAlerta amarela na provincia de Lugo polo temporal con ventos de 100...

Alerta amarela na provincia de Lugo polo temporal con ventos de 100 km/h

PUBLICADA O

- Advertisement -

O AEMET mantén o aviso laranxa para o litoral das provincias da Coruña e Pontevedra ata primeira hora da tarde por vento e ondas de 6 a 7 metros de altura, e alerta amarela en Lugo desde a madrugada, nunha xornada na que se constata o descenso das temperaturas e con refachos de vento que, aínda que de menor intensidade que este mércores, mantéñense ao redor do 100 km/h.

Segundo a información publicada por Meteogalicia, da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, os valores extremos sobre a intensidade do vento recolléronse, a pasada madrugada, nas estacións de Punta Candieira, Cedeira (107,9 km/h); Malpica (99 km/h); Burela (94,2 km/h); ou Lira, Carnota (88,6 km/h).

A pesar de ser valores significativos están xa lonxe das intensidades rexistradas 24 horas antes, cando se chegaron a anotar refachos de 137,2 km/h en Viveiro ou de 121,8 km/h en Vimianzo.

Con respecto ás precipitacións acumuladas, tamén os valores rexistrados ata a mañá deste xoves eran inferiores aos do día anterior. Así, Meteogalicia informa de 45,2 l/m2 na estación de Forcarei; 37,6 l/m2 en Coristanco; ou 35,5 l/m2 en Ortigueira.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo pide máis profesorado e apoio a residencias co voto contrario do PPdeG

O pleno ordinario da Deputación de Lugo celebrado este martes tivo como unha das...

O Caudal Fest xa quenta motores para o 2027: confirmada La Oreja de Van Gogh

Caudal Fest segue a dar forma á edición de 2027 e faino agora coa...

Prisión provisional para o detido por apuñalar a outro home nun bar da Milagrosa

O home detido pola súa presunta implicación no acoitelamento doutro cliente nun bar do...

O Mariñas Sound, o festival que naceu “dun grupo de amigos de 20 anos”, pon música á previa do San Froilán

O Mariñas Sound afronta a súa cuarta edición coa previsión de reunir a máis...