InicioEconomíaA Deputación destina un millón de euros a cinco concellos para melloras

A Deputación destina un millón de euros a cinco concellos para melloras

A Xunta de Goberno tamén aprobou a licitación, por 789.525 euros, do contrato para o mantemento e adaptación ao Esquema Nacional de Seguridade dos centros de proceso de datos da Deputación.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo aprobou un investimento global dun millón de euros destinada a mellorar infraestruturas, servizos e equipamentos en varios puntos da provincia.

A decisión adoptouse na Xunta de Goberno celebrada no Pazo de San Marcos e foi anunciada pola portavoz socialista, Pilar García Porto, quen destacou que as actuacións beneficiarán directamente aos municipios de Lugo, Outeiro de Rei, Castro de Rei, Cervantes e Barreiros.

Unha parte importante deste investimento destinarase á mellora da rede viaria provincial. No marco do Plan de Estradas 2025, licitáronse dous proxectos por valor de máis de 420.000 euros.

O primeiro deles contempla a rehabilitación do tres primeiros quilómetros da estrada LU-P-2902, entre Lugo e Ponte de Ombreiro, cun investimento de 241.724 euros. As obras incluirán a reapertura de cunetas, a renovación do firme con aglomerado en quente e a nova sinalización horizontal.

O segundo proxecto, valorado en 182.198 euros, mellorará nove quilómetros da LU-P-1107, entre Castro de Rei e Outeiro de Rei, no tramo comprendido entre San Xiao de Mos e Fonte da Pinguela, ás portas de Rábade. Esta vía dá acceso a servizos e espazos de relevancia como a Casa das Insuas.

Ademais, aprobáronse dous convenios de cooperación municipal: un co Concello de Cervantes, por 250.000 euros, e outro co de Barreiros, por 240.000 euros.

En Cervantes, a axuda financiará nove actuacións, entre elas a instalación dunha cuberta no merendero de San Román, a adquisición dun grupo electrógeno móbil e a mellora de camiños rurais en varias parroquias como Donís, Cancelada, Ribeira e Quindous. Tamén se reforzará a seguridade con novas varandas e mallas protectoras en distintos núcleos de poboación.

En Barreiros, o investimento provincial permitirá modernizar infraestruturas básicas de abastecemento e saneamento. Executarase unha nova rede de distribución de auga no barrio de Merille para resolver os problemas de subministración que afectan tamén á Insua, e acometerase unha importante modernización da estación depuradora de augas residuais (EDAR).

Ademais, o convenio inclúe a dotación de material ortopédico para reforzar o Servizo de Axuda a Domicilio e o programa municipal de préstamo de equipamento para persoas dependentes, que beneficiará a unha poboación envellecida onde máis do 30 % supera os 65 anos.

OUTROS ASUNTOS

A Xunta de Goberno tamén aprobou a licitación, por 789.525 euros, do contrato para o mantemento e adaptación ao Esquema Nacional de Seguridade dos centros de proceso de datos da Deputación.

Segundo García Porto, este servizo garante a estabilidade e modernización dos sistemas informáticos e de telecomunicacións da institución, “reforzando a ciberseguridade e a protección de datos persoais”. O contrato terá unha duración de tres anos e busca ofrecer unha administración máis eficiente, próxima e fiable para a cidadanía.

Doutra banda, a Deputación destinará 380.490 euros á adquisición de nova maquinaria para o Parque Móbil e a Granxa Gayoso Castro. Incorporaranse dous retrocargadoras novas e unha compactadora de asfalto, ademais de contratar o servizo de ensilado de herba por 50.160 euros, fundamental para a alimentación do gando durante o inverno.

Finalmente, a institución provincial aprobou a convocatoria de 20 novas prazas de persoal funcionario: 14 de administrativo e 6 de traballador social. As primeiras cubriranse polo sistema de oposición libre, e as segundas mediante concurso-oposición. En ambos os casos, reservarase unha praza para persoas con discapacidade.

ÚLTIMAS

O Family Cash pechado ao detectarse unha praga de ratos continuará pechado por orde xudicial

A maxistrada do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo rexeitou este venres a solicitude...

Reabre o supermercado pechado temporalmente por presenza de ratos

O supermercado Family Cash situado no centro comercial de Abella, en Lugo, clausurado temporalmente...

Seguen hospitalizados 3 dos 6 intoxicados con deterxente nunha pulpería de Lugo durante o San Froilán

Tres das seis persoas que tiveron que ser ingresadas a pasada fin de semana...

Dous detidos por furto de móbiles durante as festas do San Froilán

Investigacións levadas a cabo por membros da Brigada de Policía Xudicial da Policía Nacional...