InicioSucesosExpedientan un local en Lugo que funcionaba como pub e estaba rexistrado...

Expedientan un local en Lugo que funcionaba como pub e estaba rexistrado como cafetaría

Segundo informaron fontes policiais, o local iniciara a súa actividade nunha concorrida rúa do centro da cidade, baixo unha comunicación previa "limitada exclusivamente a cafetaría grupo I"

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo tramitou dilixencias por unha infracción administrativa dun local hostaleiro que “operaba baixo a aparencia de cafetaría cando, en realidade, exercía actividades propia dun pub, con reprodución de música e terraza exterior”.

Segundo informaron fontes policiais, o local iniciara a súa actividade nunha concorrida rúa do centro da cidade, baixo unha comunicación previa “limitada exclusivamente a cafetaría grupo I”. A pesar diso, sinalaron desde a Policía Local, “ofrecía servizos de restauración, música ambiental e terraza ao aire libre, en clara vulneración da normativa municipal e do réxime de tributos habilitantes en vigor”.

Tras reiteradas inspeccións e denuncias, a Policía incoou expediente, resolto mediante decreto, no que se acredita que o establecemento emitía música sen autorización, carecía de illamento acústico adecuado e desenvolvía unha actividade totalmente allea á autorizada, xerando molestias aos veciños e prexuízos aos locais da contorna que si cumpren a normativa.

A pesar de que a persoa responsable foi notificada formalmente da obrigación de cesar a actividade de pub e os equipos de son, fixo caso omiso e mantivo eses equipos instalados, o que levou á Policía a precintar esa instalación musical.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...