InicioLugo e contornaLugoA Xunta pídelle ao alcalde lucense "deixe a confrontación" e xestione o...

A Xunta pídelle ao alcalde lucense “deixe a confrontación” e xestione o aparcadoiro da avenida de Breogán

A Xunta replica ao alcalde de Lugo, Miguel Fernández, que "deixe a confrontación" e "asuma a xestión" do aparcadoiro da avenida de Breogán para a posta a disposición da cidadanía.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Xunta replica ao alcalde de Lugo, Miguel Fernández, que “deixe a confrontación” e “asuma a xestión” do aparcadoiro da avenida de Breogán para a posta a disposición da cidadanía. O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, alertou este mércores de carencias no aparcadoiro da avenida de Breogán, infraestrutura realizada pola Xunta, que visitou estes días para comprobar o seu estado antes de recepcionarla para que se poña disposición dos veciños. Reclama, por tanto, ao organismo autonómico a reparación das “múltiples deficiencias” detectadas na obra.

Lembrou o alcalde que xa durante o último ano, os informes técnicos municipais advertiran sobre o mal estado do aparcadoiro, especialmente no relativo ás zonas verdes e ao mantemento xeral, “que non cumpren os estándares esixidos”.

Respecto diso, nun comunicado, a Consellería de Presidencia critica que, “un día despois de que o Concello contactase coa Dirección Xeral de Mobilidade, mostrando a ‘boa vontade’ para a recepción do aparcadoiro, o alcalde, Miguel Fernández accedese hoxe ao recinto, que actualmente aínda é de titularidade do Goberno galego e está pechado e valado, para facerse unha foto reivindicativa sobre o estado das zonas verdes e a zona de drenaxe, que o Goberno galego xa liquidou“.

A Xunta indica que destinou un investimento de case 1,2 millóns de euros na construción do aparcadoiro disuasorio da avenida de Breogán, financiado pola UE ao amparo dos fondos do Plan de Recuperación. Permitirá dotar ao barrio da Residencia de 148 novas prazas para estacionar, 14 delas para persoas con mobilidade reducida.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Lugo efectúa traballos de conservación en ventás arqueolóxicas

Nas últimas semanas, o Concello levou a cabo tarefas de limpeza, restauración e selado...

A Deputación destina un millón de euros para o equipamento da residencia de Becerreá

  A xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a adxudicación do...