InicioLugo e contornaLugoO centro de saúde do Sacro Corazón comezará a construírse cando cedan...

O centro de saúde do Sacro Corazón comezará a construírse cando cedan os terreos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, fixo estas declaracións durante a visita ás obras de reforma do centro de saúde da Milagrosa, na que estivo acompañado polo delegado territorial da Xunta, Javier Arias, e polo xerente da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, Ramón Ares.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destaca a aposta do Goberno galego por mellorar a sanidade pública en Lugo cun investimento de 3,2 millóns de euros destinada á reforma integral do centro de saúde da Milagrosa, obra que visitou este mércores e na que reiterou ademais o compromiso de construír o futuro centro sanitario do Sacro Corazón en canto o Concello de Lugo ceda os terreos do antigo colexio.

Responde así á pregunta formulada polo alcalde, Miguel Fernández, a pasada semana, cando anunciou que se procederá á expropiación dos terreos, xa que non se conseguiu chegar a un acordo con Afundación, propietaria das leiras. O rexedor anunciou a intención de pór a disposición estes terreos antes de fin de ano e reclamaba á Xunta o compromiso co proxecto. “Esperamos que os terreos nos cheguen máis pronto que tarde para cumprir con outra débeda pendente que temos con Lugo”, asegura o conselleiro.

Gómez Caamaño fixo estas declaracións durante a visita ás obras de reforma do centro de saúde da Milagrosa, na que estivo acompañado polo delegado territorial da Xunta, Javier Arias, e polo xerente da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, Ramón Ares.

Durante os próximos meses, un equipo de 25 traballadores levará a cabo a remodelación dun edificio que se converterá nun espazo máis amplo, accesible e moderno, con novos servizos para profesionais e usuarios, “que transformarán por completo as instalacións para adaptalas ás necesidades do século XXI”.

O proxecto abarca unha superficie total de 1.600 metros cadrados, onde se habilitarán seis consultas médicas e outro seis de enfermaría, ademais de dúas salas de docencia, un despacho para o traballador social, dúas salas polivalentes, unha área de técnicas, unha sala de urxencias e outra para a toma de mostras. Tamén se mellorará a zona de admisión e incorporarán dependencias destinadas ao persoal sanitario, como unha sala de xuntas, espazos para docencia e vestiarios.

O conselleiro subliña que a intervención suporá un importante avance en materia de accesibilidade, tanto interior como exterior, coa instalación dun ascensor adaptado para padiolas e a adecuación dos aseos. Así mesmo, renovaranse as fachadas para aproveitar mellor a luz natural nas zonas de espera, mellorando o confort do edificio. Recoñece Caamaño que a obra se fixo esperar, desde 2021, “e sabemos que é moito tempo para este tipo de cousas, pero máis vale tarde que nunca”.

Gómez Caamaño enmarca esta actuación dentro do proceso de modernización que a Xunta está a desenvolver na atención primaria de Lugo. Lembra que a recente posta en marcha do Centro Integral de Saúde (CIS), cun investimento de 16 millóns de euros, permitiu desconxestionar a actividade asistencial da Milagrosa. Antes da apertura do CIS, o centro contaba con 24.000 cartóns sanitarios; unha vez concluída a reforma, atenderá unhas 8.000, garantindo ademais a libre elección de centro para os pacientes.

Segundo explica o conselleiro, “esta reorganización do mapa sanitario permitirá ofrecer máis servizos e unha atención máis cómoda, próxima e de maior calidade”. Engadiu tamén que a mellora do centro de saúde da Milagrosa forma parte da estratexia autonómica para reforzar a atención primaria, que culminará coa construción do novo centro do Sacro Corazón.

ÚLTIMAS

Aprobada a licenza urbanística para ampliar as instalacións da protectora de animais

O Concello de Lugo completou este mércores o proceso administrativo necesario para legalizar e ampliar as...

Un vehículo choca contra outro tras circular en sentido contrario na A-6, ao seu paso por Lugo

Unha persoa resultou ferida tras unha colisión frontal de dous vehículos, un deles circulaba en...

Polémica en Lugo polas obras de conexión de Lugo con Sarria

A Xunta de Galicia respondeu ao alcalde de Lugo, Miguel Fernández, asegurando que non existe...

Deteñen un home en Lugo despois de agredir cun coitelo a un sobriño

A Policía Local de Lugo detivo na tarde do pasado luns, 13 de outubro,...