InicioAncaresBarallaUnha menor resulta ferida ao ser atropelada en Baralla

Unha menor resulta ferida ao ser atropelada en Baralla

O accidente tivo lugar este sábado ao mediodía na avenida Evaristo Correo Calderón, preto dunha gasolineira, e obrigou ao traslado da vítima en helicóptero medicalizado

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha menor de idade tivo que ser evacuada en helicóptero medicalizado tras sufrir un atropelo este sábado no municipio lucense de Baralla.

Segundo informou o 112, o suceso rexistrouse arredor das 13:35 horas na avenida de Evaristo Correo Calderón, nas inmediacións dunha gasolineira situada no núcleo urbano da localidade.

Ata o lugar desprazáronse profesionais do 061, que mobilizaron o helicóptero con base en Ourense para proceder ao traslado da vítima, cuxo estado non transcendeu.

Ademais, interveu tamén a Garda Civil, que se fixo cargo das dilixencias e da regulación do tráfico na zona mentres se realizaban as tarefas de atención e evacuación.

O 112 indicou que a alerta partiu dunha chamada dun particular que presenciou o accidente e avisou aos servizos de emerxencias. A investigación continúa aberta para esclarecer as circunstancias nas que se produciu este atropelo.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...