InicioLugo e contornaLugoDous detidos nunha pelexa en Lugo onde un dos implicados sacou unha...

Dous detidos nunha pelexa en Lugo onde un dos implicados sacou unha pistola de aire comprimido

Segundo informou o corpo policial, varias patrullas acudiron a esta zona alertadas por unha pelexa na que cinco persoas trataban de agredir a outra

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo detivo o pasado domingo a dúas persoas que participaban nunha pelexa na zona da Mariña Española e na que un dos implicados sacou unha pistola de aire comprimido ante os axentes.

Segundo informou o corpo policial, varias patrullas acudiron a esta zona alertadas por unha pelexa na que cinco persoas trataban de agredir a outra. Alí, os axentes interpuxéronse entre os agresores e a outra persoa, conseguindo disolver a pelexa.

Ademais, a Policía tivo que inmobilizar a un dos participantes xa que esgrimía un vidro na man co que pretendía levar a cabo a agresión.

Neste momento, outro dos implicados fuxiu do lugar, aínda que foi interceptado aos poucos metros. Alí, sacou un arma de fogo que posteriormente os axentes comprobaron que era de aire comprimido.

Tras ser desarmado, a Policía detivo ás dúas persoas, que foron trasladadas ás dependencias policiais, onde se instrúen dilixencias para o xulgado de garda.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...