InicioSucesosDeteñen os presuntos autores dun roubo de cobre e ferramentas nas obras...

Deteñen os presuntos autores dun roubo de cobre e ferramentas nas obras da A-6

A Garda Civil detivo a tres veciños de Lugo, de 27, 31 e 42 anos, como supostos autores do roubo de cobre e ferramentas nas obras dos túneles da A-6.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil detivo a tres veciños de Lugo, de 27, 31 e 42 anos, como supostos autores do roubo de cobre e ferramentas nas obras dos túneles da A-6.

Segundo informa, ademais dun delito de roubo con forza, impútaselles outro continuado de furto e un terceiro de pertenza a grupo criminal. En concreto, considérase que se apropiaron ilicitamente de 4.500 metros de cable de cobre e de numerosas ferramentas.

Os feitos tiveron lugar entre os meses de maio e xullo cando os presuntos autores subtraeron, ata en cinco ocasións, cableado de cobre procedente das obras de mellora que se están realizando nos túneles da A-6, ao seu paso polas localidades lucenses de Piedrafita, Doncos e As Nogais.

Os detidos, explica a Benemérita, vendían o material subtraído polo método do goteo en establecementos de tratamento de residuos fóra da provincia de Lugo, utilizando para o seu traslado diferentes vehículos e a terceiras persoas, “todo iso coa finalidade de dificultar a investigación policial e eludir a acción da xustiza”.

Durante o operativo da Garda Civil, interveuse unha furgoneta cargada con 900 quilogramos de cobre e parte das ferramentas subtraídas cando regresaban supostamente de cometer un ilícito. As dilixencias policiais foron postas a disposición do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Becerrea.

+ posts

ÚLTIMAS

Convocou a Xunta unha praza específica para María Reigosa en Medio Ambiente?

PSOE e BNG de Lugo fixeron público un comunicado conxunto no que esixen á...

O PP de Lugo defende a moción de censura en Lugo: “é para dar estabilidade á cidade”

O presidente da xunta local do Partido Popular en Lugo, Ramón Carballo, levantou o...

Arroxo reclama saber que “tipo de beneficio” tería Reigosa se apoia a moción de censura

O tenente de alcalde do BNG en Lugo, Rubén Arroxo, reclamou este martes aclaracións...

O PP denuncia que BNG e Vilalba Aberta “non están para dialogar” para unha moción de censura

“O BNG e Vilalba Aberta non están para dialogar, senón polo non a todo”,...