InicioA UlloaPalas de ReiAutorizan unha granxa para criar 130.000 galiñas en Palas de Rei

Autorizan unha granxa para criar 130.000 galiñas en Palas de Rei

Esta resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG), refírese a un proxecto no lugar da Bragaña, nunha parcela de 9,8 hectáreas de superficie, despois da agrupación dunha trintena de parcelas independentes

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Xunta emitiu declaración de impacto ambiental (DIA) favorable ao proxecto da empresa Granxa Campomayor para a construción dunha granxa de cría de preto de 130.000 galiñas na parroquia de Santa María de Puxeda, no concello lucense de Palas de Rei.

No entanto, esa decisión está condicionada ao cumprimento das esixencias recollidas tanto nos distintos informes sectoriais emitidos sobre o seu impacto como na propia DIA co fin de minimizar e compensar os posibles efectos na contorna. Agora, está a traballarse na autorización ambiental integrada (AAI) para completar o trámite ambiental.

Esta resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG), refírese a un proxecto no lugar da Bragaña, nunha parcela de 9,8 hectáreas de superficie, despois da agrupación dunha trintena de parcelas independentes.

Construirán distintos espazos como unha nave, unha esterqueira e outras instalacións auxiliares necesarias para o desenvolvemento da actividade. Os animais chegarán cun día de vida e permanecerán alí entre 16 e 18 semanas, momento no que pasarán a outras explotacións de galiñas poñedeiras, onde iniciarán o seu ciclo de posta de ovos.

+ posts

ÚLTIMAS

Localizan en Lugo un cadáver que podería ser o de Isaura Vázquez, desaparecida desde xullo de 2025

O cadáver dunha muller foi localizado este mércores en avanzado estado de descomposición nas...

Detida en Lugo tras entrar pola forza nunha vivenda, agredir unha muller e regresar para ameazala

A Policía Local de Lugo interveu este mércores nunha agresión con allanamento de morada....

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...