InicioSucesosO loteiro de Lugo desaparecido con 91.000 euros estaría fóra do país

O loteiro de Lugo desaparecido con 91.000 euros estaría fóra do país

A Policía perdeu o rastro do responsable da administración de lotaría número 17 e a recadación dos sorteos de Nadal e do Neno

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE – O responsable da administración de lotaría número 17 de la capital lucense continúa en paradoiro descoñecido. Os investigadores perderon o rastro do loteiro e da recadación dos sorteos de Nadal e do Neno, contía superior aos 91.000 euros, e traballan coa hipótese de que abandonara España.

Fontes da Delegación de Lotarías e Apostas do Estado en Lugo indicaron á axencia Efe que esta é a información que se manexa dende a desaparición, o venres pasado. Perante esta situación, o organismo delegado tomou a decisión de pechar “cautelarmente” devandito despacho, ubicado no centro comercial Carrefour, que adebeda máis de 124.000 euros. Á cantidade subtraída hai que engadir 33.000 euros a aboar pola lotaría vendida esta semana.

A investigación comezou cando dúas empregadas da administración comunicaron á Policía Nacional que non había cartos para afrontar o pago dos premios, e que o seu xefe, un loteiro veciño de Pantón de 53 anos, non aparecía. Inspectores de Loterías e Apostas do Estado desprazáronse o martes a Lugo sen atopar máis anomalías que as xa denunciadas.

Os abonados que recollían a lotaría neste despacho foron trasladados á administración número 8 da cidade de Lugo, na Rúa Quiroga. Debido á circunstancia de que gran parte deles son da zona de Monforte de Lemos, terán a posibilidade de trasladar o abono a un establecemento máis próximo.

+ posts

ÚLTIMAS

Localizan en Lugo un cadáver que podería ser o de Isaura Vázquez, desaparecida desde xullo de 2025

O cadáver dunha muller foi localizado este mércores en avanzado estado de descomposición nas...

Detida en Lugo tras entrar pola forza nunha vivenda, agredir unha muller e regresar para ameazala

A Policía Local de Lugo interveu este mércores nunha agresión con allanamento de morada....

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...