InicioSociedadeAcepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis...

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Os feitos ocorreron durante un permiso penal, cando o agresor visitou á parella dun recluso e a agrediu sexualmente.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser autor dun dobre delito de violación en 2019 e aceptou 10 anos de prisión, aínda que só cumprirá seis meses, xa que logo será expulsado do país.

Así se recollerá na sentenza tras o acordo de conformidade entre ambas as partes sobre un caso que tiña designados dous días de proceso, pero que se liquidou en 15 minutos ao recoñecer o home a súa culpabilidade ao rebaixar a pena de 20 a 10 anos, cinco por cada violación.

Os feitos tiveron lugar en 2019, cando visitou na súa casa, durante un permiso penal, á que era a parella sentimental dun compañeiro de prisión. O home obrigou á muller, en dúas ocasións, a practicarlle unha felación e mesmo a obrigou, suxeitándoa polo pelo e tras golpeala, a manter relacións sexuais no dormitorio da vivenda. A vítima faleceu en 2022, pero agora o agresor deberá indemnizar aos seus dous fillos con 10.000 euros polos danos morais.

Actualmente, o home cumpre unha pena por outros delitos, que finalizará en maio de 2026, polo que o seis meses empezarán a computar a partir dese momento e despois deberá abandonar España.

+ posts

ÚLTIMAS

Xunta e Deputación de Lugo avanzan no consenso sobre o anteproxecto da Lei de Administración Local

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de...

Dous homes sentan no banco da Audiencia Provincial por unha pelexa con pa e aixada que acabou coa perda dun ollo na Fonsagrada

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo xulgará este martes, 21 de abril,...

O poemario “Agora, eu cariota” preséntase no Club de Lectura de Lugo

A presentación do poemario "Agora, eu cariota" no Vello Cárcere de Lugo contará coa...

Rueda “define” o xornalismo de proximidade como “preguntar, escoitar e contrastar” na entrega dos Puro Cora

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou este xoves na entrega do XXXIII Premio...