InicioSucesosDesarticulan un grupo criminal que roubaba gando en toda a provincia de...

Desarticulan un grupo criminal que roubaba gando en toda a provincia de Lugo

Aínda que a súa actividade se centraba principalmente na provincia de Lugo, a Garda Civil detallou nun comunicado que de forma puntual tamén o fixeron na provincia de Ourense, "elixindo nalgún caso explotacións gandeiras que coñecían por ser veciños"

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil detivo ao catro integrantes dun grupo criminal especializado no roubo de animais en explotacións gandeiras da provincia de Lugo. Os detidos, con idades comprendidas entre os 25 e 53 anos, residían nas localidades de Lancara e Carballedo e xa foron postos a disposición xudicial.

Segundo informou o Instituto Armado, iniciouse unha investigación tras ter constancia dun aumento desta tipoloxía delituosa na provincia lucense e que derivou na detención dos presuntos autores”.

Neste sentido, explicou que os detidos tiñan unha “repartición clara” de funcións na súa organización, desde a persoa que situaba e informaba o lugar, á encargada da loxística, ata os membros que accedían aos recintos gandeiros para cometer as subtraccións.

Deste xeito, “tras subtraer os animais e fracturar o seu crotal identificativo, transportábanos ata o lugar de venda ou a unha leira anexa á vivenda dun dos detidos á espera da súa venda ilícita”.

Aínda que a súa actividade se centraba principalmente na provincia de Lugo, a Garda Civil detallou nun comunicado que de forma puntual tamén o fixeron na provincia de Ourense, “elixindo nalgún caso explotacións gandeiras que coñecían por ser veciños”.

Con todo, a Comandancia debullou que se constatou o ánimo lucrativo ao vender os animais subtraídos a outro integrante do grupo, “onde lles abonaban distintas cantidades económicas dependendo do animal, facendo da actividade do grupo a súa única fonte de ingresos, xa que non se lles coñecía traballo remunerado, salvo a un deles”.

Cabe destacar que se logrou recuperar a maior parte dos animais subtraídos, “os cales foron entregados aos seus lexítimos propietarios”.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

Case corenta detidos por roubo de 140 Km de cable de cobre en varias provincias, entre elas Lugo

A Garda Civil detivo a 39 persoas nas provincias de Ávila, La Rioja e...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...