InicioSociedadeOs túneles de Doncos e Cereixal, na A-6, permanecerán cortados durante tres...

Os túneles de Doncos e Cereixal, na A-6, permanecerán cortados durante tres noites esta semana por obras

Serán o martes, mércores e xoves entre as 22.00 e as 06.00 horas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Ministerio de Transportes realizará cortes de tráfico durante as noites deste martes, mércores e xoves (entre as 22.00 e as 6.00 horas) nos carrís dos túneles de Doncos e Cereixal, na A-6 na provincia de Lugo, por obras de mellora. Transportes está a executar as obras de mellora e modernización de varios túneles do porto de Pedrafita entre os quilómetros 407 e 464,500 na autovía A-6: Cereixal, Doncos, San Pedro e Pedrafita, na provincia de Lugo; e Trabadelo, A Escrita e Villafranca, na provincia de León.

As actuacións inclúen a renovación dos equipos de subministración eléctrica, a instalación da iluminación de emerxencia ou a adecuación e renovación dos sistemas de ventilación, entre outros, e contan cun orzamento global de 22,7 millóns de euros (IVE incluído) que se financia con cargo aos fondos europeos Next Generation. En concreto, produciranse afectacións ao tráfico esta semana entre os quilómetros 440,500 e 456,500, con cortes de calzada nos túneles de Doncos e Cereixal. Haberá desvíos provisionais pola estrada N-6, aínda que non se permitirá o tránsito de vehículos que transporten mercadorías perigosas polo túnel da Porteliña, no quilómetro 454 desta estrada.

+ posts

ÚLTIMAS

Daniel Irimia deixa o PSOE en Cospeito e pasa ao grupo de non adscritos tras reabrirse a súa causa por presunta violencia de xénero

Daniel Irimia, quen foi voceiro do PSOE en Cospeito, deixou as filas socialistas e...

Vicepresidencia da Deputación

A Vicepresidencia da Deputación pon en marcha a segunda edición da Semana do Patrimonio...

A Deputación pide un pacto contra o transfuguismo blindado por lei

O Pleno da Deputación de Lugo celebrado este martes sacou adiante unha iniciativa para...

Candia trata medidas con AdisLugo para compatibilizar actividades económicas coas ZBE

  A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo unha reunión con representantes de AdisLugo, a...