InicioSociedadeA escola Semente organiza o seu campamento de verán coa cultura galega...

A escola Semente organiza o seu campamento de verán coa cultura galega e a natureza como protagonistas

O campamento dá continuidade aos principios pedagóxicos da escola: fomento do galego, contacto coa natureza e igualdade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

campamento de verán da escola Semente de Lugo terá lugar do 23 de xuño ao 24 de xullo nas súas instalacións da aldea de Barbaín, no edificio da antiga escola unitaria. Está aberta a matrícula para nenos e nenas entre os 3 e os 9 anos de idade, que poderán asistir ao campamento de 8:30 a 15:30, con flexibilidade horaria tanto para a entrada como para a saída. Se houber demanda suficiente, o campamento estenderase aos últimos días de xullo e á primeira semana de setembro.

As actividades do campamento estarán centradas no movemento físico, na diversión e na exploración do medio natural. Cada semana estará dedicada a un fío condutor diferente. Na primeira será a quenda do San Xoán e o Día do Orgullo LGTBIQ+; a segunda semana centrarase no ecoloxismo e na necesidade da reciclaxe; do 7 ao 11 de xullo haberá obradoiros sobre a igualdade de xénero; na cuarta semana serán realizadas actividades sobre vida saudábel, mentres que do 21 ao 24 de xullo o campamento centrarase nas cantareiras e na música tradicional galega.

O prezo do campamento completo é de 490 € (7 semanas), con posibilidade de matrícula por unha semana (100 €), dúas (190 €), tres (270 €), catro (340 €), cinco (375 €) ou seis (420 €). O prezo por día solto é de 23 €. Hai importantes descontos para o alumnado da Semente e persoas colaboradoras do proxecto ou desempregadas, así como para o segundo membro da mesma familia (20% de desconto). A matrícula ou a petición de máis información pode ser feita a través do correo electrónico lugo@semente.gal

O programa do campamento dá continuidade ao modelo educativo da escola Semente, iniciado en Lugo en 2016. Destaca polo fomento da lingua e da cultura galegas; o contacto coa natureza, favorecido pola contorna rural da escola; a defensa da igualdade de xénero en todas as súas actividades, así como o respecto polas necesidades e polos ritmos de crecemento de cada crianza. Ademais da organización do campamento, a escola ten aberto o período de matrícula para o próximo curso académico (crianzas de 2 a 6 anos) e o próximo 30 de maio, a partir das 17:30, continúa a súa programación cultural cunha Festa da primavera, cuxos detalles poden ser consultados nas redes sociais da entidade.

ÚLTIMAS

O Family Cash pechado ao detectarse unha praga de ratos continuará pechado por orde xudicial

A maxistrada do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo rexeitou este venres a solicitude...

Reabre o supermercado pechado temporalmente por presenza de ratos

O supermercado Family Cash situado no centro comercial de Abella, en Lugo, clausurado temporalmente...

Seguen hospitalizados 3 dos 6 intoxicados con deterxente nunha pulpería de Lugo durante o San Froilán

Tres das seis persoas que tiveron que ser ingresadas a pasada fin de semana...

Dous detidos por furto de móbiles durante as festas do San Froilán

Investigacións levadas a cabo por membros da Brigada de Policía Xudicial da Policía Nacional...