InicioSucesosDetidos seis veciños de Lugo como presuntos autores dun delito de roubo...

Detidos seis veciños de Lugo como presuntos autores dun delito de roubo con forza nun colexio de Vilalba

Roubaron 15 portátiles da aula de informática, valorados en 15.000 euros.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil detivo a seis veciños de Lugo como supostos autores dun delito de roubo con forza cometido nun centro escolar de Vilalba. En concreto, os feitos tiveron lugar o pasado mes de febreiro, cando os presuntos autores accederon ao interior do centro, forzando unha das xanelas, e subtraeron 15 computadores portátiles da aula de informática, ademais de provocar danos na porta de acceso e noutras aulas e dependencias, segundo indicou a Garda Civil nun comunicado.

A continuación, iniciouse unha investigación para identificar aos presuntos autores e tentar recuperar os efectos subtraídos, “verificando que varios dos equipos foran vendidos a particulares“. Deste xeito, os axentes constataron que os presuntos autores “actuaron planificando con anterioridade e de maneira premeditada, desprazándose desde o seu domicilio en Lugo ata Vilalba para cometer os feitos delituosos”. A maiores, os axentes comprobaron durante a investigación que os autores formaban parte dun grupo “perfectamente organizado, con roles predefinidos e onde contaban cunha ampla rede de clientes para colocar o material informático subtraído, redundando nun cuantioso beneficio”.

Segundo destacou a Garda Civil, o valor dos efectos subtraídos alcanzaba os 15.000 euros. Con todo, a investigación finalizou coa detención de catro persoas e a imputación en calidade de investigados de dous menores de idade, todos eles residentes en Lugo, aos cales se lles imputan os delitos de Grupo criminal e roubo con forza. As dilixencias policiais foron remitidas ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrución nº 1 de Vilalba e á Fiscalía de Menores de Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

A Deputación destina un millón de euros para o equipamento da residencia de Becerreá

  A xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a adxudicación do...

O PSdeG de Baralla denuncia que o centro de saúde quedou sen médicos durante dúas xornadas e reclama solucións urxentes

O PSdeG de Baralla expresou a súa fonda preocupación tralo rexistro dunha situación pola...