InicioPolíticaO alcalde de Lugo pide por carta ao Ministerio de Transportes que...

O alcalde de Lugo pide por carta ao Ministerio de Transportes que inclúa á cidade nas melloras ferroviarias

Reclamará que a cidade conte cunha "conexión competitiva" con Madrid, especialmente á primeira hora da mañá.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, pedirá por carta ao Ministerio de Transportes que Lugo sexa incluída nas melloras ferroviarias previstas para Galicia e reclamará que a cidade conte cunha “conexión competitiva” con Madrid, especialmente á primeira hora da mañá.

Segundo informou o Concello nun comunicado, ademais das actuacións prioritarias que se abordaron na reunión celebrada recentemente na Delegación do Goberno, o alcalde trasladoulle ao Secretario de Estado de Transportes, José Antonio Santano Clavero, a “preocupación” de Lugo por “quedar excluída das novas frecuencias ferroviarias anunciadas para outra cidade galegas”.

“O futuro de Lugo pasa por contar con boas comunicacións. Non pode ser que sexamos a única cidade galega sen un tren que permita chegar cedo a Madrid. É unha cuestión de equidade territorial”, subliñou Fernández, que reiterou a súa vontade de “traballar da man” co Goberno central para “pór solucións encima da mesa”.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia e a tránsfuga Reigosa presentan a moción de censura

A moción de censura que arrebatá o goberno de Lugo ao bipartito do PSOE...

Convocou a Xunta unha praza específica para María Reigosa en Medio Ambiente?

PSOE e BNG de Lugo fixeron público un comunicado conxunto no que esixen á...

A Deputación inviste en Meira máis de 200.000€ para as obras en tres estradas

A Deputación vén de iniciar as obras de mellora do firme en tres estradas...

O PP de Lugo defende a moción de censura en Lugo: “é para dar estabilidade á cidade”

O presidente da xunta local do Partido Popular en Lugo, Ramón Carballo, levantou o...