InicioLugo e contornaFriolUn incendio nunhas instalacións agrarias mobiliza os servizos de emerxencias en Friol

Un incendio nunhas instalacións agrarias mobiliza os servizos de emerxencias en Friol

Ao chegar ao momento, os efectivos desprazados ao lugar comprobaron que ardía herba seca no interior dunha nave. Ademais, explicaron que os propios particulares xa sacaran aos animais, mentres que un tractor ardera por completo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os servizos de emerxencias traballan a esta hora na extinción dun incendio nas instalacións dunha explotación gandeira situada na parroquia de Lea, no municipio lucense de Friol.

Segundo informou o 112 Galicia, foi un un particular quen, sobre as 10.45 horas deste venres, alertou á central de emerxencias de que había lume nestas instalacións.

Así, os operadores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia activaron un operativo para que o que mobilizaron a persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Vilalba, ao GES de Friol-Pas, á Garda Civil e a voluntarios de Protección Civil da localidade.

Ao chegar ao momento, os efectivos desprazados ao lugar comprobaron que ardía herba seca no interior dunha nave. Ademais, explicaron que os propios particulares xa sacaran aos animais, mentres que un tractor ardera por completo.

Agora, os servizos de emerxencias continúan traballando no punto retirando con maquinaria a herba seca que había na nave e apagándoos unha vez no exterior.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao PSOE de manter a Tomé para non perder o goberno da Deputación

O voceiro provincial do PP de Lugo, Antonio Ameijide, acusou o PSOE de “seguir...

O PSdeG critica que só catro das 25 novas residencias anunciadas pola Xunta se situarán na provincia de Lugo

O PSdeG pediulle á Xunta que revise o reparto territorial do seu novo plan...

A Deputación de Lugo pide máis profesorado e apoio a residencias co voto contrario do PPdeG

O pleno ordinario da Deputación de Lugo celebrado este martes tivo como unha das...

O Caudal Fest xa quenta motores para o 2027: confirmada La Oreja de Van Gogh

Caudal Fest segue a dar forma á edición de 2027 e faino agora coa...