InicioSucesosInvestigados catro homes por roubar 250 metros de cable telefónico en Quiroga

Investigados catro homes por roubar 250 metros de cable telefónico en Quiroga

Teñen idades comprendidas entre os 22 e os 38 anos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil de Lugo investiga a catro veciños de Ponteareas como presuntos autores dun delito de roubo con forza nas cousas tras ser sorprendidos con 250 metros de cable telefónico do que non souberon explicar a súa procedencia. Segundo informou o Instituto Armado nun comunicado, os feitos sucederon a pasada semana cando os axentes tiveron coñecemento da presenza de varios vehículos circulando de madrugada por unha zona non iluminada e próxima ao lugar das Medas-Quiroga.

Ata o punto desprazáronse axentes da Garda Civil que comprobaron que os vehículos xa abandonasen o lugar. Con todo, minutos máis tarde identificaron a dous vehículos que circulaban pola LU-933. Os axentes, tras identificar os ocupantes dos vehículos, comprobaron que na furgoneta transportaban 250 metros de cable telefónico, cortado en anacos de 1.5 metros de lonxitude, e do que non acreditaron a súa lexítima procedencia.

Desta forma, os axentes investigan aos homes, con idades comprendidas entre os 22 e 38 anos, como presunto autores dun delito de roubo con forza nas cousas. Neste sentido, ao día seguinte do suceso, a compañía responsable do mantemento da liña telefónica comunicou á Garda Civil a subtracción dunha parte da liña de cable telefónico da zona das Medas-Quiroga, zona onde foron alertados os axentes.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...