Home Economía Panadeiros piden “un convenio moderno e con garantías para o sector” na provincia

Panadeiros piden “un convenio moderno e con garantías para o sector” na provincia

0
Panadeiros piden “un convenio moderno e con garantías para o sector” na provincia
Manifestación en Lugo por un convenio de panadarías.

Un grupo de panadeiros, en representación dos 1.500 que hai na provincia de Lugo, manifestáronse este venres polas rúas de Lugo nunha reivindicación convocada conxuntamente polo tres principais sindicatos, UGT, CC.OO. e CIG.

Os manifestantes saíron da Praza do Rei, cortando esta vía ao tráfico, e percorreron toda a rúa San Roque ata a muralla para entrar no recinto histórico e chegar ata a sede da CEL, situada na praza de Santo Domingo, onde manifestaron as súas demandas, centradas en “dotarse dun convenio moderno e con garantías para o persoal do sector”.

Os traballadores reclaman con esta concentración un desbloqueo da negociación do convenio colectivo que leva parada cinco meses e que, segundo explican, mantén aos traballadores por baixo do soldo mínimo interprofesional.

A oferta da patronal está nunha subida do 3,35%, unha porcentaxe que consideran insuficiente e que non lles achega a ese límite retributivo. Unha das ofertas que recibiron da patronal son pluses para compensar os salarios, algo que os traballadores non consideran suficiente.

O secretario da FGAMT-CIG de Lugo-A Mariña, Christian López Carmona, detallou que o empresariado tampouco quere negociar a redución da xornada laboral a pesar de que este convenio establece “unha xornada máxima anual desfasada, e coa penosidad engadida de ser unha xornada laboral cunha nocturnidade sen valorar na súa xusta medida”.

A isto engadiu análises recentes que indican que “non en todas as empresas garántese sempre a seguridade dos traballadores, con índices de concentración de fariña moi elevados”.

Pola súa banda, Carlos García, de UGT, subliñou que a diferenza salarial e de condicións da provincia de Lugo co resto de Galicia, concretamente coa Coruña e Pontevedra é notoria, “o que pedimos é seguir tendo os dereitos que temos e aumentalos un pouco máis para pechar esa brecha e achegarnos ao resto de convenios”.

O tres sindicatos conxuntamente reclaman á patronal retomar as negociacións e aseguran que continuarán coas mobilizacións.

+ posts