InicioLugo e contornaLugoUnha parella detida en Lugo por agredirse mutuamente na rúa

Unha parella detida en Lugo por agredirse mutuamente na rúa

Outra actuación tivo lugar sobre as 4,20 horas, cando un veciño alertou de que intrusos entrara na súa casa

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron a pasada madrugada a tres persoas presuntamente implicadas nos delitos de violencia doméstica e de xénero e nunha tentativa roubo con forza.

Segundo informaron fontes policiais, a primeira intervención tivo lugar sobre as 1,00 horas da madrugada, na zona noroeste da cidade. A Policía acudiu a un aviso por unha pelexa entre unha parella na vía pública.

Os axentes identificaron aos implicados, que manifestaron versións contraditorias sobre o sucedido. Ante as evidencias e os testemuños recabanados, os policías procederon á detención de ambos: ao home por un suposto delito de violencia de xénero, e á muller por un presunto delito de violencia doméstica.

A segunda actuación tivo lugar sobre as 4,20 horas, cando un veciño alertou de que intrusos entrara na súa casa. Os propietarios da vivenda lograran reter a un dos delincuentes, pero un segundo lograra fuxir.

Á chegada dos axentes, comprobaron que os individuos accederan á vivenda escalando un muro e rompendo unha xanela. Os axentes detiveron ao sospeitoso que estaba retido, e que levaba encima un teléfono móbil do que non puido acreditar a súa propiedade.

+ posts

ÚLTIMAS

Récord histórico de matrícula no curso 2025-2026 na UNED de Lugo

O centro asociado da UNED en Lugo pechou o segundo prazo de matrícula do...

O PP aproba no Senado unha iniciativa para a rehabilitación do mosteiro de Vilar de Donas

O PP fixo uso da súa maioría absoluta no Senado para aprobar unha iniciativa...

Consideran “consistente” a declaración dunha das nenas que denunciaron un profesor por presunta agresión sexual

O xuízo contra o profesor de música de Albeiros acusado de agresión sexual a...

O PSOE de Baralla denuncia a falta de médicos no centro de saúde e a inacción do PP

O PSdeG de Baralla denuncia novamente a grave situación sanitaria que sofre o municipio...