InicioPolíticaNovas Xeracións reclama ao Goberno central medidas "urxentes" contra o "colapso ferroviario"...

Novas Xeracións reclama ao Goberno central medidas “urxentes” contra o “colapso ferroviario” en Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

Novas Xeracións, a organización xuvenil do PPdeG, reclama ao Goberno central que adopte “con urxencia” as medidas necesarias para resolver a situación de “colapso ferroviario” que sofre Galicia, porque isto “está a limitar as oportunidades e o benestar da mocidade galega”.

A reclamación fíxose a través dunha iniciativa rexistrada no Parlamento galego na que critican o “calvario” que sofren a diario “miles de mozos que ven os seus plans en suspenso por mor da falta de trens, da escaseza de conexións, das dificultades para atopar un billete que lles asegure chegar ao seu destino ou mesmo das deficiencias que en ocasións provocan que o viaxe se interrompa durante o traxecto”.

A presidenta de NNXX, Nicole Grueira, anunciou a medida esta mañá de mércores nas proximidades da estación de tren de Lugo acompañada polos presidentes da organización na provincia, Miguel Galego, e na cidade, Santiago Amedo, e outros compañeiros. Todos eles pediron “uns servizos ferroviarios de calidade á altura dunha Galicia de calidade”.

Grueira explicou que a situación que viven é debido a que “Lugo é unha das provinciais máis incomunicadas de Galicia”. “Todas as estradas nacionais atópanse en mal estado, as autovías están sen finalizar e a nova estación intermodal verá limitadas as súas capacidades ao non ter acceso aos servizos de alta velocidade”, incidiu.

As NNXX reclaman, por tanto, “unha rede ferroviaria que funcione, que respecte aos seus usuarios e que devolva á mocidade a capacidade de planificar a súa vida sen incertezas”.

+ posts

ÚLTIMAS

Os bombeiros intentan sufocar un incendio en Xermade

Equipos de bombeiros atópanse actualmente traballando na extinción dun lume declarado na parroquia de...

Xunta e Deputación de Lugo avanzan no consenso sobre o anteproxecto da Lei de Administración Local

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de...

Senadores do PP de Lugo sinalan que o Goberno non acometerá a rehabilitación da N-120

Senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno central recoñece nunha resposta...

Dous homes sentan no banco da Audiencia Provincial por unha pelexa con pa e aixada que acabou coa perda dun ollo na Fonsagrada

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo xulgará este martes, 21 de abril,...