InicioSucesosLocalizan un móbil subtraído en poder dun home que o acababa de...

Localizan un móbil subtraído en poder dun home que o acababa de comprar por 5 euros

O home que atopou o terminal dixo á policía local que en lugar de entregalo en obxectos perdidos ou tentar localizar ao seu dono, decidira vendelo

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo conseguiu recuperar un teléfono móbil subtraído e que en poder dun home que o acababa de comprar por 5 euros, segundo informaron fontes policiais.

Os feitos ocorreron o pasado fin de semana, cando unha dotación policial foi alertada pola parella da propietaria do teléfono. Grazas a unha rápida intervención, localizouse o terminal en poder dun home que relatou que o acababa de comprar por 5 euros a outro individuo na estación de autobuses.

O ‘comprador’ acompañou aos policías á terminal e identificou á persoa que lle vendeu o teléfono. Este explicou que atopou o terminal e que, en lugar de entregalo en obxectos perdidos ou tentar localizar ao seu dono, decidira vendelo.

A Policía Local alertou de que este tipo de condutas, como apropiarse dun obxecto perdido e non devolvelo, poden constituír delitos de apropiación indebida ou receptación, tipificados no Código Penal.

Por outra banda, a Policía Local de Lugo tamén interveu nun piso tras recibir numerosos avisos e queixas de veciños polo ruído. Así, a música que saía da vivenda podía escoitarse na vía pública, e a inquilina do inmoble mantivo unha actitude desafiante en todo momento, negándose a ser identificada e restablecendo o volume da música a pesar das advertencias.

Debido a iso, os axentes tramitaron denuncia por desobediencia e por infracción da ordenanza de protección ambiental, debido ás molestias ocasionadas polo ruído.

+ posts

ÚLTIMAS

Presentado o proxecto para crear oito novas rotondas de cara a axilizar o tráfico en Lugo

O primeiro tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, fixo público o proxecto de...

Rueda defende a moción en Lugo entre acusacións de “comprar poder” e “incumprir” os estatutos do PP

A sesión de control do Pazo do Hórreo anticipou este martes o guión que...

Abre a estrada que conecta Vilalba e Chavín pola Balsa despois de arranxar unha ponte

A Deputación vén de reabrir ao tráfico a estrada LU-P-6502, que conecta Vilalba e...