InicioSucesosUn coche con catro ocupantes, tres deles menores, sofre unha saída de...

Un coche con catro ocupantes, tres deles menores, sofre unha saída de vía en Vilalba

A condutora, ferida leve, tivo que ser trasladada a un punto de atención continuada.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un coche no que viaxaban catro persoas, unha condutora e tres menores de idade, sufriu unha saída de vía na mañá deste luns no termo municipal de Vilalba. En concreto, segundo informan fontes do 112 Galicia e dos servizos de emerxencias, ocorreu ao redor das 9.00 horas na LU-120, na zona de Rioaveso. Ás 9.05 horas, un particular chamaba ao número de emerxencias para informar de que non había persoas atrapadas, pero que si podían precisar asistencia médica. Posteriormente, unha ambulancia do 061 trasladou á condutora, ferida leve, ata un punto de atención continuada (PAC).

+ posts

ÚLTIMAS

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...

O Concello de Lugo pide axilidade á Deputación na renovación da avenida Adolfo Suárez

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo un encontro co presidente da Asociación de...

González Abelleira cualifica o “plan de choque” de Candia para o SAF como “unha fraude política” 

A portavoz adxunta do Grupo Municipal Socialista, Ana González Abelleira, denunciou hoxe que o...

O PP ve como “unha peaxe” o convenio de 2 millóns de euros entre Deputación e Concello de Monforte

O portavoz provincial do PP, Antonio Ameijide, pregunta a Carmela López se a achega...