InicioSucesosAxentes atopan a un paciente do HULA en pixama polas rúas de...

Axentes atopan a un paciente do HULA en pixama polas rúas de Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo realizou unha serie de actuacións humanitarias co obxectivo de dar “protección, proximidade e unha resposta inmediata”. En concreto, axentes do corpo policial recibiron un aviso sobre un paciente vestido con pixama hospitalario e un brazo en cabestrillo que abandonara o Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) sen a alta médica.

Tras varias batidas pola cidade e coa colaboración doutras unidades e familiares, foi localizado polos axentes. A persoa, desorientada pero colaboradora, foi acompañada ao hospital pola Policía Local á unidade hospitalaria.

Doutra banda, foi localizada unha moza menor de idade que se atopaba espida entre uns colectores. Despois de auxiliala, a policía comprobou que se atopaba baixo os efectos do alcol e trasladouna ao seu domicilio familiar.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...